Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma 2, IV: Alemán
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Valoración continua das prácticas gramaticais, léxicas e tradutolóxicas 10 A2
A4
C18
C24
D10
D17
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Valoración global das actividades de repaso 15 C1
C2
D2
D4
Probas de resposta curta Exame escrito de contido léxico, gramatical e tradutolóxico 75 A5
C4
C22
C25
C27
D9
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CONVOCATORIA ORDINARIA

A avaliación e conseguinte cualificación
do traballo do alumnado levarase a cabo cun procedemento de avaliación continua
de acordo coas porcentaxes descritas máis arriba. A proba escrita realizarase
na derradeira semana de clase.

O alumnado que non se acolla ao sistema de
avaliación continua e escolla avaliación única deberá realizar un exame escrito
na derradeira semana de clase sobre os contidos da materia e máis outro oral noutra
data concertada co profesorado para
superala. O primeiro cun valor do 80% e o segundo cun valor do 20% da nota.

Tanto no caso da avaliación continua, como
da avaliación única, a nota do exame escrito non deberá ser inferior a 4 para
superar a materia.

 

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO): Exame
teórico-práctico escrito dos contidos do curso polo 100% da cualificación. Para
o alumnado que durante o curso se acolleu á avaliación única este exame ten un
valor do 80% da nota; este alumnado terá que facer tamén unha proba oral polo
20% da cualificación para superar a materia. A nota do exame escrito non deberá
ser inferior a 4 para superar a materia. A proba oral realizarase nunha data
concertada co profesorado.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000