Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma 2, IV: Alemán
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Valoración continua das prácticas gramaticais, léxicas e tradutolóxicas 10
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Valoración global das actividades de repaso 15
Probas de resposta curta Exame escrito de contido léxico, gramatical e tradutolóxico 75
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CONVOCATORIA ORDINARIA

O sistema de avaliación continua implica a asistencia regular e a participación activa do alumnado no desenvolvemento das clases maxistrais, así como nos traballos de aula e nos tutelados, o que computa un 50% da nota final. Non se obterá puntuación por este concepto cando a asistencia fora inferior a un 80% do total das horas de clase. Informarase á profesora de calquera incidencia en relación coa non asistencia ás clases. O 50% da nota restante obtense coa superación dun exame escrito.

Obterase a avaliación positiva, sempre que á hora de realizar o exame final, o alumnado entregase, en prazo, todos os exercicios que se esixiran ao longo do cuadrimestre e respondera positivamente ás tarefas realizadas na aula.

O alumnado que non
se acolla á avaliación continua ou decida renunciar a ela, pasadas dúas
semanas do inicio das clases,deberá renunciar por escrito, o que implicará que para poder superar a materia deberá entregar os exercicios que a profesora indicará puntualmente en faitic. Estes exercicios constituirán un 40% da nota final.

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

Exame teórico-práctico dos contidos do curso (100%).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000