Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma 2, IV: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Atopar solucións adecuadas ós problemas presentados pola reformulación do texto-fonte para a súa axeitada forma final no texto-meta. 10 C12
C27
D15
D23
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma O alumno aprenderá a superar problemas de morfo-sintaxe e de lexicografía. 10 A5
C1
C4
C18
D2
D15
D23
Presentacións/exposicións Presentación en grupo ou individualmente dun traballo realizado polo alumno 5 C12
C18
C24
D8
D23
Traballo tutelado - unha transcrición dun texto audio.
10 A5
C12
C25
C27
C32
D8
D10
D17
D23
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba final na que o estudante terá que realizar un resumo, unha síntese ou unha paráfrase. 30 C4
C25
D15
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. proba final na que o estudante ten que realizar exercicios prácticos no laboratorio de linguas 30 C1
C2
C18
C25
Probas de tipo test Probas sobre a gramática, o léxico en forma de test. 5 A5
C1
C18
C24
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación

A avaliación recomendable é a contínua. Para ser avaliado será necesario ter entregado os traballos na data requirida. As probas non entregadas contarán coma un cero. Os alumnos terán que aprobar tódalas destrezas.

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Primeira edición das actas: Nesta primeira edición das actas haberá unha avaliación única para o alumno que ó comezo do curso xustifique debidamente, en tempo e forma (nas dúas primeiras semanas do inicio do curso), que non pode realizar a avaliación contínua. Nese caso fará unha proba única teórico-práctica; esa nota contabilizará 50% para a parte práctica e 50% para a parte teórica. Cada parte terá que acadar unha nota mínima de 5. Estes exames, o da avaliación contínua e o da avaliación única, terán lugar na data establecida no calendario de exames aprobado en xunta da FFT.

Segunda edición das actas: Os alumnos de avaluación contínua e de avaliación única que non superen a materia na primeira edición das actas farán en xullo unha proba final que contará coma un 100% da nota; esa nota contabilizará 50% para a parte teórica e 50% para a parte práctica. Para aprobar a materia cada parte deberá acadar unha nota mínima de 5. A data do exame de xullo será a indicada no calendario oficial de exames da FFT.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000