Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma 2, IV: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Exposición por parte do docente dos contidos da paráfrase obxecto de estudo: bases teóricas e directrices de traballo 5
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Atopar solucións adecuadas ós problemas presentados pola reformulación ou paráfrase do texto-fonte para a súa axeitada forma final no texto-meta (ou parafraseado).
5
Presentacións/exposicións 1.- Exposición por parte do alumnado, ante o docente e os seus compañeiros de clase, dun texto que ten que ser parafraseado.
2.- Exposición teórico-práctica dun dos temas do programa (a elixir) e resolución de problemas de gramática normativa a partir do texto obxecto do estudo.
5
Probas de resposta longa, de desenvolvemento 1.- Realizaranse varias paráfrases de adestramento na aula
<br>Realizaranse tres (3) paráfrases -seguidas dun comentario gramatical- que conformarán o 85% da nota do control continuo
2. Farase o control parcialmente da lectura obrigatoria nestas probas.
85
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Haberá dúas posibilidades de avaliación: continua ou única ao final
do cuadrimestre. Recoméndase a continua; o alumno/a que non se acolla á
continúa deberá comunicalo ao profesor durante as dúas primeiras semanas
do cuadrimestre.

AVALIACIÓN CONTINUA:

Na primeira edición
de actas a
avaliación constará de 4 exercicios teórico-prácticos referidos aos
contidos desenvolvidos no programa que terán lugar o último día de clase
da última semana de cada mes. Cada exercicio será seguido dunha
paráfrase + un comentario gramatical así como dunha verificación de
lectura do
libro de lectura obrigatoria proposto no programa. A lingua dos exames
para o
alumno será sempre o francés.  A
condición para ser avaliada/o será a asistencia a un mínimo do 80% das
horas
totais.

AVALIACIÓN ÚNICA (FIN DE CUADRIMESTRE)

Se algunha alumna/o non se
pode acoller á avaliación continua por motivos xustificados, deberá
comunicarllo ao profesor argumentadamente ao comezo do cuadrimestre. Nese caso,
poderá ser avaliada/o mediante unha proba sintético-recapitulativa dos contidos
globais do programa desenvolvido durante todo o cuadrimestre (100% da
cualificación final):  

-1 exercicio práctico + (50%)

 - unha paráfrase seguida dun comentario
gramatical en lingua francesa + (25%)

- unha verificación de lectura do libro de
lectura obrigatoria proposto na bibliografía (25%).

Este exame terá lugar o 28 de abril de 2014. A escolla desta opción en ningún caso supón a
perda do dereito a asistir ás aulas sempre que sexa posíbel, o cal se recomenda
encarecidamente.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)

Na segunda edición de actas haberá unha proba global -sintético-recapitulativa- de todos e cada un dos
contidos do programa desenvolvido durante todo o cuadrimestre. Nesta segunda
edición de actas a avaliación levarase a cabo igualmente mediante unha
proba sintético-recapitulativa dos contidos globais do programa desenvolvido
durante o cuadrimestre (100% da cualificación final): 1 exercicio práctico
(50%) + unha paráfrase seguida dun comentario gramatical en lingua francesa
(25%) + unha verificación de lectura do libro de lectura obrigatória
proposto na bibliografía (25%).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000