Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma 2, IV: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Exposición por parte do docente dos contidos da paráfrase obxecto de estudo: bases teóricas e directrices de traballo 5
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Atopar solucións adecuadas ós problemas presentados pola reformulación ou paráfrase do texto-fonte para a súa axeitada forma final no texto-meta (ou parafraseado).
5
Presentacións/exposicións 1.- Exposición por parte do alumnado, ante o docente e os seus compañeiros de clase, dun texto que ten que ser parafraseado.
2.- Exposición teórico-práctica dun dos temas do programa (a elixir) e resolución de problemas de gramática normativa a partir do texto obxecto do estudo.
5
Probas de resposta longa, de desenvolvemento 1.- Realizaranse varias paráfrases de adestramento na aula
<br>Realizaranse tres (3) paráfrases -seguidas dun comentario gramatical- que conformarán o 85% da nota do control continuo
2. Farase o control parcialmente da lectura obrigatoria nestas probas.
85
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na primeira edición de actas a avaliación será continua e constará dun exercio práctico referido aos contidos desenvolvidos no programa. Este exercicio será seguido dunha paráfrase + un comentario gramatical así como duhna verificación de lectura do libro de lectura obrigatoria proposto no progrma. A lingua dos exames para o alumno será sempre o francés. A condición para ser avaliada/o será a asistencia a un mínimo do 80% das horas totais.

Se algunha alumna/o non se pode acoller á avaliación continua por motivos xustificados, deberá comunicarllo ao profesor argumentadamente ao comezo do cuadrimestre. Nese caso, poderá ser avaliada/o mediante unha proba sintético-recapitulativa dos contidos globais do programa desenvolvido durante todo o cuadrimestre (100% da cualificación final):  

-1 exercicio práctico + (50%)

 - unha paráfrase seguida dun comentario gramatical en lingua francesa + (25%)

- unha verificación de lectura do libro de lectura obrigatoria proposto na bibliografía (25%).

. Este exame terá lugar na última semana lectiva do cuatrimestre. A escolla desta opción en ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás aulas sempre que sexa posíbel, o cal se recomenda encarecidamente.

Na convocatoria de xullo haberá unha proba global -sintético-recapitulativa- dos todos e de cada un dos contidos do programa desenvolvido durante todo o cuatrimestre. Nesta segunda edición de actas (xullo) a avaliación levarase a cabo igualmente mediante unha proba sintético-recapitulativa dos contidos globais do programa desenvolvido durante o cuadrimestre (100% da cualificación final): 1 exercicio práctico (50%) + unha paráfrase seguida dun comentario gramatical en lingua francesa (25%) + unha verificación de lectura do libro de lectura obrigatoria proposto na bibliografía (25%). Este exame terá lugar na data oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade.”

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000