A) PRIMEIRA
EDICIÓN DAS ACTAS: O alumnado
poderá acollerse á avaliación continua (A.1) ou á avaliación única (A.2) e ten que declararse por escrito na segunda
semana da materia asinando o documento específico. Recoméndase
a avaliación continua, sendo o sistema máis axeitado para a aprendizaxe da
materia.
A.1) Avaliación continua Para
acollerse á avaliación continua o alumnado debe participar con regularidade nas
sesión presenciais, teóricas e prácticas, así como realizar as tarefas que se
lles requiran, e para superar a avaliación será necesario: 1) Aprobar cada unha das catro destrezas comunicativas (reading, listening,
speaking and writing) e a destreza lingüística (use of English). Na segunda edición de actas (xullo)
o alumnado só terá que presentarse ás destrezas suspensas. 2) Realizar
4 traballos escritos (20%), 2 probas de comprensión oral, (10%), 2 de
comprensión escrita (10%), e 2 presentacións orais, unha delas baseada no libro
de lectura (20%). As datas de entrega de traballo e de realización das probas
anunciaranse na plataforma Faitic. Toda esta parte computará o 60 % da
cualificación final 3) Aprobar
unha proba final que constará dun test de resposta curta sobre os contidos
gramaticais e léxicos (use of English), e unha ou duas tarefas de expresión
escrita (writing). Esta parte computará o 40 % (use of English 30%, writing
10%). A proba final realizarase na última semana de clase, no horario de clase. A avaliación
continua do alumnado require que o alumnado demostre as súas capacidades con
regularidade ó longo do cuadrimestre. Por tanto, as probas e traballos de clase
non son recuperables. As probas e os traballos que os alumnos non
entreguen por non asistir a clase contarán como un “0”. A.2)
Avaliación única O alumnado
que non asista ás clases con regularidade nin realice ninguna proba parcial
poderá presentarse á availación única que consistirá nunha única proba global final
que computará o 100% da cualificación final. A proba
única constará das seguintes partes: - Use of English (30%), writing
(20%), speaking (20%), reading (10%), listening(10%) Para superar
dita proba o alumnado ten que aprobar todas as partes. Conservaranse as partes
aprobadas para a segunda edición das actas. A parte escrita e oral realizarase
na última semana, nas horas de clase. B) SEGUNDA
EDICIÓN DAS ACTAS (xullo 2016): O alumnado
que suspenda ou non se presente á primeira edición das actas será availado na
segunda edición en xullo mediante unha proba única que terá as mesmas
características que a proba única da primeira edición das actas: - Use of English (30%), writing (30%), speaking (20%), reading (10%),
listening(10%) Para superar
esta avaliación o alumnado ten que aprobar cada unha das partes. A data desta
proba de xullo será fixada pola facultade e publicada pola súa paxina web Todas as
probas ou tests da materia teñen como modelo ás do certificado “Cambridge
Advanced English” e ás indicacións fixadas para o nivel C1 no Marco
Europeo de Referencia para o Ensino das Linguas. Durante a
realización dos exames non se permite a utilización de dicionarios, ordenador,
conexión a internet ou outros medios electrónicos. O plaxio
total ou parcial nos traballos entregados ou nas presentacións orais suporá o
suspenso automático na materia. |