Guia docente 2013_14
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma 2, IV: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a presentar a materia e tomar contacto co alumnado. 0
Presentacións/exposicións Presentacións ou esposicións feitas polo alumnado acerca de temas previamente acordados co
profesorado.
15
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas prácticas de execución de tarefas relacionadas coas destrezas adquiridas 70
Outras O alumnado deberá ler unha ou dúas obras curtas (os títulos indicaranse o primeiro día de clase, na presentación) que será(n) avaliada(s) mediante probas orais 15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Consideracións xerais

A cualificación final da materia calcularase tendo en conta todas as destrezas
traballadas ao longo do cuadrimestre. O peso de cada unha destas destrezas na
cualificación final será o seguinte: Writing : 25%; Speaking:25%;
Listening : 20%; Reading: 15%; Use of English: 15%. Para
superar a materia será imprescindible acadar unha cualificación mínima de
5 puntos como nota global, sendo 4 puntos a puntuación mínima requirida en cada unha das destrezas. Aquelas/es alumnas/os que na primeira
convocatoria obteñan una cualificación de suspenso nalgunha(s) das destrezas
deberán repetir a(s) parte(s) correspondentes a tal(es) destrezas no exame de
xullo para poder aprobar a totalidade da materia. De non superalas en xullo, o
alumno deberá examinarse da totalidade da materia en cursos académicos
posteriores.

O(s) título(s) da(s) obra(s) de lectura obrigatoria será(n)
indicado(s) durante as dúas primeiras semanas de clase, tanto na aula coma na
plataforma TEMA. A lectura desta(s) obra(s) será avaliada mediante, probas
orais, nas dúas edicións de actas (maio e xullo), independentemente do sistema de
avaliación (continua ou única) polo que se opte.

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou actividade suporá
un suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio
non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

1ª Edición de actas (Maio 2014)

Existen dous sistemas de avaliación (continua e única) para superar a
materia nesta convocatoria e participar nun deles implica a imposibilidade de
participar no outro.



a) Avaliación continua


Para poder acollerse a este sistema é imprescindible que o alumnado
entregue unha ficha cos seus datos de contacto e fotografía durante as tres
primeiras semanas do cuadrimestre. De igual maneira, será imprescindible a
súa participación nas diferentes probas que se vaian realizando ao longo do
cuadrimestre, así como a entrega das actividades que corresponda nas datas
sinaladas. As probas nas que non se participe ou as actividades non entregadas
no prazo estipulado computarán como 0.


Enténdese que o alumnado que se acolla a este sistema de avaliación continua
asistirá regularmente a clase (80% das sesión presenciais).

A cualificación final daquelas/es alumnas/os que se acollan ao sistema
deavaliación continua computarase tendo en conta:

- Probas e actividades sinaladas e recollidas ao longo do cuadrimestre (30%):
Terán lugar no horario de clase entre o 5 e o 13 de marzo de 2014. A distribución das probas será a seguinte:

  • Xoves 6 de marzo: probas de reading e listening
  • Luns 10 de marzo: probas de writing e use of English
  • Xoves 13 de marzo: probas de speaking

- Probas finais (70%): Terán lugar no horario de clase entre o 28 de abril e o 8 de maio de 2014. As datas das probas serán:

  • Luns 28 de abril: proba de speaking
  • Luns 5 de maio: probas de listening e reading
  • Xoves 8 de maio: probas de writing e use of English



b) Avaliación única


A cualificación final do alumnado que se acolla a este sistema de
avaliación única computarase en base ás cualificacións obtidas nas probas
finais, que terán lugar entre o 28 de abril e o 8 de maio de 2014,
coincidindo coas probas finais dos alumnos que se acollan ao sistema de
avaliación continua.

2ª Edición de actas (Xullo 2014)

O exame que o centro fixe oficialmente para o mes de xullo constará das
partes necesarias para avaliar todas as destrezas (reading, listening,writing,
speaking e use of English). O peso de cada unha das destrezas na
cualificación final será o mesmo que na 1ª edición de actas e, de igual
maneira, para superar a materia será imprescindible acadar unha
cualificación mínima de 5 puntos como nota global, sendo 4 puntos a puntuación mínima requirida en cada unha das destrezas.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000