Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 1, IV: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Atopar solucións adecuadas ós problemas presentados pola reformulación do texto-fonte para a súa axeitada forma final no texto-meta. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma O alumno aprenderá a superar problemas de morfo-sintaxe e de lexicografía. 10
Presentacións/exposicións Presentación en grupo ou individualmente dun traballo realizado polo alumno 5
Traballos tutelados - unha transcrición dun texto audio.
- Unha ficha dunha película e a explicación dunha escena
10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba final na que o estudiante terá que realizar un resumo, unha síntese ou unha paráfrase. 30
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. proba final na que o estudante ten que realizar exercicios prácticos no laboratorio de linguas 30
Probas de tipo test Probas sobre a gramática, o léxico en forma de test. 5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Primeira edición das actas : A avaliación é continua. Para ser avaliado será necesario ter asistido ó 80% das clases e ter entregado os traballos na data requirida. As probas non entregadas contarán coma un cero. Os alumnos terán que aprobar tódalas destrezas. En caso de plaxio, a nota é de suspenso.


Nesta primeira edición das actas haberá unha avaliación única para o alumno que ó comezo do curso xustifique debidamente, en tempo e forma (nas dúas primeiras semanas do inicio do curso), que non pode realizar a avaliación continua. Nese caso fará unha proba única teórico-práctica, esa nota contabilizará 50% para parte práctica e 50% para a parte teórica. Cada parte terá que acadar unha nota mínima de 5. Este exame terá lugar o 28 de abril de 2015


- Segunda edición das actas: Os alumnos que non superen a materia na primeira edición das actas, farán en xullo unha proba final recapitulativa que contará coma un 100% da nota, esa nota contabilizará 50% para a parte teórica e 50% para a parte práctica. Cada parte deberá acadar unha nota mínima de 5.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000