Guia docente 2013_14
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 1, IV: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións
1.- Exposición por parte do alumnado, ante o docente e os seus compañeiros de clase, dun texto que ten que ser parafraseado.
2.- Exposición teórico-práctica dun dos temas do programa (a elixir) e resolución de problemas de gramática normativa a partir do texto obxecto do estudo.
5
Resolución de problemas e/ou exercicios Atopar solucións adecuadas ós problemas presentados pola reformulación ou paráfrase do texto-fonte para a súa axeitada forma final no texto-meta (ou parafraseado). 5
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma O alumno aprenderá a superar problemas de morfo-sintaxe e de lexicografía recorrendo ao exercicio teórico-práctico da paráfrase 5
Probas de resposta longa, de desenvolvemento 1.- Realizaranse varias paráfrases de adestramento na aula
2.- Realizaranse tres (3) paráfrases -seguidas dun exercicio gramatical- que conformarán o 85% da nota do control continuo
3.- Realizarase parcialmente en cada unha destas probas un control da lectura obrigatória.
85
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Haberá dúas posibilidades de avaliación: continua ou única ao final do cuadrimestre. Recoméndase a continua; o alumno/a que non se acolla á continúa deberá comunicalo ao profesor durante as dúas primeiras semanas do cuadrimestre.

AVALIACIÓN CONTINUA:

Na primeira edición de actas a
avaliación constará de 4 exercicios teórico-prácticos referidos aos
contidos desenvolvidos no programa que terán lugar o último día de clase da última semana de cada mes. Cada exercicio será seguido dunha paráfrase + un comentario gramatical así como dunha verificación de lectura do
libro de lectura obrigatoria proposto no programa. A lingua dos exames para o
alumno será sempre o francés.  A
condición para ser avaliada/o será a asistencia a un mínimo do 80% das horas
totais.

AVALIACIÓN ÚNICA (FIN DE CUADRIMESTRE)

Se algunha alumna/o non se
pode acoller á avaliación continua por motivos xustificados, deberá
comunicarllo ao profesor argumentadamente ao comezo do cuadrimestre. Nese caso,
poderá ser avaliada/o mediante unha proba sintético-recapitulativa dos contidos
globais do programa desenvolvido durante todo o cuadrimestre (100% da
cualificación final):  

-1 exercicio práctico + (50%)

 - unha paráfrase seguida dun comentario
gramatical en lingua francesa + (25%)

- unha verificación de lectura do libro de
lectura obrigatoria proposto na bibliografía (25%).

Este exame terá lugar o 21 de abril de 2014. A escolla desta opción en ningún caso supón a
perda do dereito a asistir ás aulas sempre que sexa posíbel, o cal se recomenda
encarecidamente.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)

Na segunda edición de actas haberá unha proba global -sintético-recapitulativa- de todos e cada un dos
contidos do programa desenvolvido durante todo o cuadrimestre. Nesta segunda
edición de actas a avaliación levarase a cabo igualmente mediante unha
proba sintético-recapitulativa dos contidos globais do programa desenvolvido
durante o cuadrimestre (100% da cualificación final): 1 exercicio práctico
(50%) + unha paráfrase seguida dun comentario gramatical en lingua francesa
(25%) + unha verificación de lectura do libro de lectura obrigatória
proposto na bibliografía (25%).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000