A) PRIMEIRA EDICIÓN DAS ACTAS: O alumnado
poderá acollerse á avaliación continua (A.1) ou á avaliación única (A.2) e ten que declararse por escrito na segunda semana de clase asinando o documento específico. Recoméndase
a avaliación continua, sendo o sistema máis axeitado para a aprendizaxe da
materia. A.1) Avaliación continua Para acollerse á avaliación continua o alumnado debe
participar con regularidade nas sesión presenciais, teóricas e prácticas, así
como realizar as tarefas que se lles requiran, e para superar a avaliación será
necesario: 1) Aprobar cada unha das catro destrezas comunicativas (reading,
listening, speaking and writing) e a destreza lingüística (use of English). Na
segunda edición de actas (xullo) o alumnado só terá que presentarse ás
destrezas suspensas. 2)
Realizar 4 traballos escritos (20%), 2 probas de comprensión oral (10%), 2 de comprensión escrita (10%), e 2
presentacións orais, unha delas baseada no libro de lectura (20%). As datas de
entrega de traballo e de realización das probas anunciaranse na plataforma Faitic. Toda esta
parte computará o 60 % da cualificación final. 3)
Aprobar unha proba final que constará dun test de resposta curta sobre os
contidos gramaticais e léxicos (use of English), e unha ou duas tarefas de
expresión escrita (writing). Esta parte computará o 40 % (use of English 30%,
writing 10%). A proba final realizarase na penultima ou na última semana do curso, no horario de clase (avisarase na clase ou mediante faitic). A
avaliación continua do alumnado require que o alumnado demostre as súas
capacidades con regularidade ó longo do cuadrimestre. Por tanto, as probas e
traballos de clase non son recuperables. As probas e os traballos que
os alumnos non entreguen por non asistir a clase contarán como un “0”. A.2) Avaliación única O
alumnado que non asista ás clases con regularidade nin realice ninguna proba
parcial poderá presentarse á availación única que consistirá nunha única proba global
final que computará o 100% da cualificación final. A proba única constará das
seguintes partes: -
Use of English (40%),
writing (20%), speaking (20%), reading (10%), listening(10%) Para
superar dita proba o alumnado ten que aprobar todas as partes. Conservaranse as
partes aprobadas para a segunda edición das actas. O exame realizarase na penúltima e/ou última semana de clase (avisarase na clase ou mediante faitic). B)
SEGUNDA EDICIÓN DAS ACTAS (xullo 2016): O
alumnado que suspenda ou non se presente á primeira edición das actas será
availado na segunda edición en xullo mediante unha proba única que terá as mesmas
características que a proba única da primeira edición das actas: - Use of
English (40%), writing (20%), speaking (20%), reading (10%), listening(10%) Para superar esta avaliación o alumnado ten que
aprobar cada unha das partes. A data desta proba de xullo será fixada pola
facultade e publicada pola súa paxina web Todas as
probas ou tests da materia teñen como modelo as do certificado “Cambridge
Proficiency in English” e as indicacións fixadas para o nivel C2 no Marco Europeo
de Referencia para o Ensino das Linguas. Durante a
realización dos exames non se permite a utilización de dicionarios, ordenador,
conexión a internet ou outros medios electrónicos. O plaxio total ou parcial nos traballos entregados ou nas
presentacións orais suporá o suspenso automático na materia. |