Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 1, IV: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Presentacións, redaccións e exposicións orais e escritas relacionadas co libro de obrigada lectura e cos dous artigos extraídos dos xornais online, indicados na bibliografía básica, e relacionadas coas destrezas de expresión (speaking and writing). 20
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas prácticas de execución de tarefas baseadas en materiais reais ou adaptados e relacionadas coas destrezas de comprensión (listening and reading). 20
Probas de resposta curta 1. Probas puntuais sobre a materia asignada, conceptos teóricos e a súa aplicación.
2. Resolución de exercicios prácticos de resposta curta (fill in the gaps, transformations, cloze, multiple choice, etc.) relacionados coas destrezas lingüísticas (use of English).
20
Outras Exame final sobre todo os contidos lingüísticos e comunicativos da materia que presupón o 40% para aqueles alumnos/as que teñan dereito a avaliación continua. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Recoméndase a avaliación continua, sendo o sistema máis axeitado para a aprendizaxe da materia.


O alumnado de avaliación continua ten que declararse por escrito como asistentes de avaliación continua na segunda ou terceira clase teórica da materia e para iso entregarán unha ficha ó profesorado.


Para poder superar o sistema de avaliación continua o alumnado deberá asistir ao 80% das horas presenciais (tanto de horas teóricas como das prácticas). De non facelo perderá o dereito á avaliación continua e terá que presentarse á avaliación única que se realizará durante o último día lectivo da materia. O alumnado de avaliación única realizará o exame da competencia oral durante o último día lectivo da materia. A devandita competencia medirase cunha entrevista ao alumnado que versará sobre algún tema dos contidos do curso. A avaliación única computará como o 100% da nota final.


Ó alumnado de avaliación continua computáraselle un 60% da cualificación final co traballo e probas do curso e un 40% coa proba final na data oficial da primeira convocatoria. A proba final da primeira convocatoria terá lugar na última clase da materia.


Para aprobar a materia será preciso aprobar cada unha das catro destrezas comunicativas (reading, listening, speaking and writing) e a destreza lingüística (use of English). Na convocatoria de xullo o alumnado só terá que presentarse ás destrezas suspensas.


A posibilidade de faltar ao 20% das sesións presenciais xa contempla as faltas por emerxencias e por enfermidade, por tanto no se aceptará xustificación das faltas agás en casos moi limitados e excepcionais.


A avaliación continua do alumnado require que o alumnado demostre as súas capacidades con regularidade ó longo do semestre. Por tanto, as probas e traballos de clase non son recuperables. As probas e os traballos feitos na clase que os alumnos non entreguen por non asistir a clase contarán como un “0”. As probas tipo “resposta curta” serán controis puntuais que non se anuncian antes de realizalos. Anunciarase na aula a programación das datas de entrega dos traballos, así como as datas nas que se realizarán os “traballos de aula” que son redacción escritas ou presentacións orais, ademais dos exames e as probas máis extensas de “reading” e “listening”. O traballos realizados fóra da aula deberán ser entregados en man na clase no día sinalado. Así, os traballos que o alumnado non entregue na data requirida e en man contarán como un "0".


Os/as alumnos/as que non superen a avaliación continua ou que renuncien a ela  deberán presentarse a unha proba única global sobre todos os contidos comunicativos e lingüísticos da materia en xullo (segunda convocatoria), que computará como o 100%. A data deste exame farase pública de forma oficial.


Esta proba de xullo constará de cinco partes que avaliarán as catro destrezas comunicativas e a destreza lingüística (use of English). Cada unha das partes equivalerá a un 20% da cualificación final e para aprobar a materia haberá que aprobar cada unha das devanditas destrezas.


Os/as alumnos/as que non se acollan á avaliación continua terán una proba única que computará como o 100% da nota. A primeira oportunidade é a proba da primeira convocatoria e a segunda na segunda convocatoria (xullo).


Para a segunda convocatoria (xullo) conservaranse as cualificacións das partes aprobadas na primeira convocatoria (sendo de avaliación continua ou da proba única da primeira convocatoria).


Durante a realización dos exames non se permite a utilización de dicionarios, ordenador, conexión a internet ou outros medios electrónicos.


O plaxio total ou parcial nos traballos entregados suporá o suspenso automático na materia.


 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000