Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Lingua A2, II: Introdución ás linguas de especialización: Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Nestes traballos trátase de poñer a proba a competencia en lingua escrita do alumnado e a súa capacidade para xestionar grandes traballos e proxectos de análise, revisión e corrección de textos especializados. O traballo realízase de xeito grupal.
Os traballos tutelados estarán dirixidos a través das titorías ou horas adicionais de atención personalizada concertadas cos discentes. O obxectivo será avaliar os recursos para a redacción formal, a capacidade analítica e a xestión do traballo.
A data límite para a entrega do traballo será o 2 de maio de 2024.
30 A2
A3
C11
C17
D5
D9
D15
D23
Presentación Consistirá nunha exposición oral sobre un tema lingüístico concreto que se escollerá entre os temas da asignatura e as propostas recollidas en Moovi. Terá lugar no mes de marzo de 2024. O obxectivo será avaliar a competencia oral dos discentes nun contexto formal.
En caso de confinamento ou algunha situación que impida a presencialidade, a exposición realizarase a través da aula do Campus Remoto. Se non é posible a presentación por problemas de conexión a actividade será gravada e subida a Youtube, e enviarase a ligazón á docente na data fixada nas clases.
30 A3
A4
A5
C18
C27
D6
Exame de preguntas de desenvolvemento Consistirá nun exame no que terán cabida as preguntas de carácter teórico e as de tipo práctico. Esta proba terá en conta todos os temas recollidos no temario e impartidos durante o curso. Esta proba terá lugar durante a última semana de clase.
A data de celebración desta proba coincidirá co día fixado no Calendario de exames aprobado pola Xunta de Facultade e publicado na web da FFT. En caso de confinamento ou de que sexa preciso realizar o exame a distancia, empregaranse as ferramentas do Campus Remoto.
40 A1
C4
D1
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS (Maio-xuño 2024)

Avaliación continua

É obrigatorio realizar e entregar no prazo estabelecido as probas marcadas na avaliación. Os traballos non entregados ou entregados fóra de prazo non se avaliarán. A data límite de entrega de traballos será o 2 de maio de 2024, a través de Moovi (sección de exercicios). As presentacións orais terán lugar en marzo de 2024; o tema destas presentacións deberá ser comunicado a través de Moovi no prazo que se indique durante as sesións presenciais. A data de celebración do exame coincidirá co día fixado no Calendario de exames establecido pola facultade e publicado na web da FFT.

A cualificación na primeira edición de actas dos alumnos e alumnas que opten pola avaliación continua corresponderá ao cómputo das notas obtidas nas probas realizadas durante o curso. Para superar a materia será necesario obter como mínimo un 4,75 (sobre 10) en total.

Avaliación única

Neste caso, a avaliación realízase mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, no que a nota constituirá o 100% da cualificación final.

Este exame terá lugar ao final do cuadrimestre, na data fixada no Calendario de exames aprobado pola Xunta de Facultade e publicado na web da FFT. A data desta proba coincidirá na primeira edición das actas coa data na que se realizará o exame para os discentes que opten pola avaliación continua.

A escolla desta opción en ningún caso supón a perda do dereito á asistencia. Recoméndase ao alumnado que escolla esta modalidade de avaliación que consulte regularmente os documentos que se irán colgando en Moovi.

2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (xullo 2024)

Na segunda edición de actas a avaliación levarase a cabo exclusivamente mediante un exame único, baseado nos contidos da materia. Este exame terá lugar na data oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade.

Os alumnos e alumnas que non acadasen o aprobado na modalidade de avaliación continua e que se presenten nesta oportunidade de xullo deben ter en conta que non se gardarán en ningún caso as notas da exposición oral e do traballo escrito.

Para o alumnado de avaliación continua, no caso de que tras a avaliación conxunta sexan necesarios ata 0,25 puntos para superar a materia, terase en conta a asistencia e participación regular e activa na clase ou en proxectos colaborativos.

O estudantado Erasmus poderá realizar as probas coa axuda dun dicionario.

Tanto no exame coma no traballo escrito e no resto dos exercicios propostos ao longo do curso penalizaranse os erros ortográficos, os erros na expresión, as incoherencias sintácticas, etc.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000