Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Lingua A2, II: Introdución ás linguas de especialización: Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Nestes traballos trátase de poñer a proba a competencia en lingua escrita do alumnado e a súa capacidade para xestionar grandes traballos e proxectos (por exemplo, ealizar un cartafol comentado de textos de especialidade, analizar os recursos de modaliación nun conxunto de artigos científicos ou divulgativos, etc.).
Os traballos tutelados estarán dirixidos a través das titorías ou horas adicionais de atención personalizada concertadas cos discentes. O obxectivo será avaliar os recursos para a redacción formal, a capacidade analítica e a xestión do traballo.
30
Presentacións/exposicións Consistirá na exposición oral ante os compañeiros dun tema lingüístico concreto que se escollerá entre os temas da asignatura. O obxectivo será
avaliar a competencia oral dos discentes nun contexto formal e comprobar a evolución con respecto ao curso anterior.
20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Consistirá nun exame no que terán cabida as preguntas de carácter teórico e as de tipo práctico. Esta proba terá en conta todos os temas recollidos no temario e impartidos durante o curso. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Ao inicio do curso, os alumnos e alumnas deberán indicarlle á docente a forma de avaliación pola que optan, é dicir, avaliación continua (asistencia regular, traballos de aula, presentacións, proxectos, probas, etc.) ou avaliación única (exame oficial da materia fixado pola Facultade que terá lugar no mes de xullo).


A proba de resposta longa (exame) terá lugar o penúltimo día de clase, posto que se deixará o último día para realizar unha revisión da proba e orientar a aqueles discentes que non a superasen.


Os alumnos e alumnas que opten pola avaliación continua e que non superen a materia ao final do cuadrimestre poderán presentarse á convocatoria oficial de xullo, na que non se gardarán as cualificacións obtidas a través das probas, actividades e traballos realizados ao longo do curso.


Os estudantes Erasmus poderán realizar as probas coa axuda dun dicionario.


Tanto nas probas coma no resto dos exercicios propostos ao longo do curso penalizaranse os erros ortográficos, os erros na expresión, as incoherencias sintácticas, etc. con 0,25 puntos por cada falta.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000