Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Lingua A2, II: Introdución ás linguas de especialización: Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias O obxectivo fundamental das actividades introdutorias é recoller información sobre os coñecementos de partida, os intereses e as motivacións dos discentes. Ademais da presentación da materia farase unha pequena proba inicial non puntuable na avaliación final que servirá como valoración de nivel.
Sesión maxistral Actividade teórica. Consiste na exposición dos contidos da materia co obxectivo de comunicar coñecementos e fontes de información. As explicacións estarán ordenadas e ben estruturadas e contarán con exemplos ilustrativos que aseguren a adecuada comprensión.
Traballos de aula Actividade práctica orientada na aula polo docente. Aínda que o alumnado poderá traballar de forma autónoma na materia, nestes traballos de aula serán suxeridas certas actividades que se desenvolverán coa colaboración de alumnos e docente.
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividade práctica. Formularanse na aula ou a través da plataforma TEMA unha serie de problemas e exercicios relacionados coa materia traballada. O obxectivo é reflexionar e relacionar teoría e práctica. Tamén constitúe unha actividade básica para consolidar coñecementos teóricos.
Traballos tutelados Actividade práctica. Os traballos tutelados estarán dirixidos a través das titorías concertadas cos discentes. Nestes traballos trátase de poñer a proba a competencia en lingua escrita do alumnado e a súa capacidade para xestionar grandes traballos e proxectos (por exemplo, realizar un cartafol comentado de textos de especialidade, analizar os recursos de modaliación nun conxunto de artigos científicos divulgativos, etc.).
Presentacións/exposicións Actividade práctica. O docente proporcionará unha serie de recursos para afrontar de forma correcta unha exposición oral. Unha vez terminado este paso, a actividade por parte do discente consistirá na exposición oral ante os compañeiros dun tema lingüístico concreto que se escollerá entre os temas da asignatura.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000