Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Lingua A2, II: Introdución ás linguas de especialización: Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Traballo tutelado O alumnado terá que entregar dous traballos:
1. 15% da nota.
Elaborarase un traballo sobre neoloxía: resolución de problemas conceptuais e denominativos.
2. 25% da nota.
Traballo tutelado sobre un tema de divulgación científica:
a) 15% traballo escrito.
b) 10% vídeo gravado para a presentación.

40 CB4
CE3
CE18
CT5
CT6
CT23
Exame de preguntas de desenvolvemento Consistirá nun exame que pode abordar todos os temas estudados durante o curso, con especial atención ós aspectos lingüísticos do temario. 50 CB2
CE3
CE5
CE18
CT23
Observación sistemática Avaliarase a asistencia e a participación activa nas aulas. 10 CB2
CE18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1ª edición das actas

O alumnado poderá escoller entre dous sistemas de avaliación. Deberá confirmar explicitamente por cal deles opta nas dúas primeiras semanas de curso.

a) Avaliación continua

Os aspectos avaliados son os que aparecen nesta páxina por un valor do 100% da nota.

O traballo sobre divulgación científica consistirá nun resumo e nun comentario persoal sobre o material proporcionado.

Condicións para superar a materia:

-Entrega dos traballos nos prazos establecidos: 

-Primeiro traballo: última semana de outubro.

-Segundo traballo: nos primeiros días de xaneiro.

- Exame: fixarase unha data na última semana de curso. Este exame poderase repetir, se non se aproba, na data oficial que fixe a Facultade.

Importante

Para superar a materia, cómpre obter no exame unha nota mínima de 4.5. Os traballos farán media co resto das probas a partir de 4 puntos (nota conxunta dos dous).

O incumprimento das condicións da avaliación continua implicará o paso automático á avaliación única.  

b) Avaliación única: condicións

1. Un único exame sobre os contidos da materia na data que fixe oficialmente a Facultade (80%)

2. Traballo sobre neoloxía (20%).

2ª edición das actas (xullo)

A avaliación farase a través dun exame (8o%) e un traballo sobre neoloxía (20%).

O alumnado de avaliación continua que non teña aprobada a materia na 1ª ed. das actas manterá, se así o desexa, as cualificacións das probas superadas. Se  non o desexa, acollerase ó sistema definido no parágrafo anterior.

Datas dos exames

A data do exame, tanto para a avaliación continua como a única, en todas as oportunidades de avaliación, será a fixada no calendario oficial da Facultade de Filoloxía e Tradución.

Importante

Cómpre ter un nivel avanzado das normas ortográficas, da gramática da lingua e do léxico xeral, aínda que non sexan contidos específicos do curso. Daquela, nos traballos a falta de corrección será penalizada. 

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame implica unha cualificación de 0.

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma MOOVI e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000