1ª edición das actas
O alumnado poderá escoller entre dous sistemas de avaliación. Deberá confirmar explicitamente por cal deles opta nas dúas primeiras semanas de curso.
En calquera caso, recoméndase a asistencia regular ás clases.
De existir alumnado de intercambio, prestarase atención ás súas necesidades específicas.
a) Avaliación continua: condicións
Os aspectos avaliados son os que aparecen nesta páxina por un valor do 100% da nota.
Condicións:
-Entrega das prácticas de clase, realización da exposicón oral e entrega dos traballos que son obxecto de avaliación, nos prazos establecidos pola docente ao longo do curso e recollidos na plataforma TEMA.
-Exame escrito.
Importante
Para superar a materia, cómpre obter no exame unha nota mínima de 4.5.
Non se poderá renunciar á avaliación continua, unha vez escollida, agás por causas excepcionais e xustificadas.
O incumprimento das condicións da avaliación continua implicará o paso automático á avaliación única.
b) Avaliación única: condicións
1. Exame sobre os contidos da materia ó final do cuadrimestre (75%)
2. Traballo escrito: elaboración dun texto de especialidade, sobre o modelo do artigo científico (25%).
Tanto o exame da avaliación única coma o da continua será na última sesión de clase, na semana do luns 9 de maio de 2016.
2ª edición das actas (xullo)
O alumnado de avaliación continua que non teña superada a materia na 1ª ed. das actas manterá as cualificacións iguais ou superiores a 5.
A avaliación farase a través dun exame (75%) e un traballo escrito (25%).
Importante
Cómpre ter un nivel avanzado das normas ortográficas e da gramática da lingua. Para comprobalo, poderase realizar un test ou proba de nivel a comezo do curso. Xa que se parte dun nivel C2, se algún alumno ou alumna considerar que non o ten, sería recomendable acadalo por medios alleos á docencia desta materia.