1ª edición das actas
O alumnado poderá escoller entre dous sistemas de avaliación. Deberá confirmar explicitamente por cal deles opta nas dúas primeiras semanas de curso.
a) Avaliación continua: condicións
Os aspectos avaliados son os que aparecen nesta páxina por un valor do 100% da nota.
Condicións:
-Asistencia ó 80% das aulas.
-Entrega dos traballos.
-Exame.
Importante
Para superar a materia, cómpre obter no exame unha nota mínima de 4.5.
Non se poderá renunciar á avaliación continua, unha vez escollida, agás por causas excepcionais e xustificadas.
O incumprimento das condicións da avaliación continua implicará o paso automático á avaliación única.
b) Avaliación única: condicións
1. Exame sobre os contidos da materia ó final do cuadrimestre (75%)
2. Traballo sobre neoloxía (25%).
Tanto o exame da avaliación única coma o da continua será na semana do 5 ó 9 de maio de 2014, no período de traballo autónomo do alumnado.
2ª edición das actas (xullo)
O alumnado de avaliación continua que non teña superada a materia na 1ª ed. das actas manterá as cualificacións iguais ou superiores a 5.
A avaliación farase a través dun exame (75%) e un traballo sobre neoloxía (25%).
Importante
Cómpre ter un nivel avanzado das normas ortográficas e da gramática da lingua. Para comprobalo, poderase realizar un test a comezo do curso. Xa que se parte dun nivel C2, se algún alumno ou alumna considerar que non o ten, pode acadalo por medios alleos á docencia desta materia.