Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Lingua A2, II: Introdución ás linguas de especialización: Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballo tutelado O alumnado presentará individualmente dous traballos propostos. Avaliaranse os resultados e a calidade lingüística da redacción.
Resolución de problemas Proporanse exercicios sobre o temario para realizar na aula ou fóra dela.
Prácticas con apoio das TIC O alumnado, especialmente para o tema 1 e o primeiro traballo, realizará prácticas na aula de informática onde se imparte a materia.
Lección maxistral Actividade teórica. Consiste na exposición dos contidos da materia co obxectivo de comunicar coñecementos. As explicacións estarán ordenadas e ben estruturadas e contarán con exemplos que aseguren a comprensión dos contidos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000