Guia docente 2020_21
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Lingua A2, II: Introdución ás linguas de especialización: Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballo tutelado O alumnado presentará (de forma individual ou en parellas) o traballo escrito sobre o tema acordado. Avaliaranse os resultados, a estrutura e a calidade lingüística da redacción.
Presentación O alumnado levará a cabo unha presentación perante a clase dun traballo de divulgación que elabore, sobre un tema que se asignará.
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno/a debe desenvolver as solucións axeitadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación
de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Adóitase
empregar como complemento da lección maxistral.
Lección maxistral Actividade teórica. Consiste na exposición dos contidos da materia co obxectivo de comunicar coñecementos. As explicacións estarán ordenadas e ben estruturadas e contarán con exemplos que aseguren a comprensión dos contidos.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000