Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Lingua A2, II: Introdución ás linguas de especialización: Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballos de aula Actividade práctica orientada na aula pola docente. Aínda que o alumnado poderá traballar de forma autónoma na materia, nestes traballos de aula serán propostas certas actividades que se desenvolverán coa colaboración do alumnado e a docente.
Traballos tutelados O alumnado presentará en grupos de dous o traballo escrito sobre o tema acordado. Avaliaranse os resultados, a estrutura e a calidade lingüística da redacción.
Presentacións/exposicións O alumnado presentará perante a clase o traballo de divulgación que elabore, sobre a base dos contidos do traballo escrito tutelado.
Sesión maxistral Actividade teórica. Consiste na exposición dos contidos da materia co obxectivo de comunicar coñecementos. As explicacións estarán ordenadas e ben estruturadas e contarán con exemplos que aseguren a comprensión dos contidos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000