Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Ferramentas para a tradución e a interpretación II: Documentación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Exporanse preguntas ao alumnado acerca da materia explicada, así como das lecturas complementarias fornecidas. 4 A1
A5
C3
C21
C24
C27
D1
D7
D9
D15
Resolución de problemas Os alumnado presentará, oralmente ou por escrito -segundo o estime o profesorado-, os resultados dos exercicios propostos. 8 A1
A2
A3
A4
A5
C3
C4
C8
C17
C18
C21
C27
C30
D1
D2
D3
D4
D7
D9
D12
D22
D23
D24
Estudo de casos/análises de situacións Os alumnado darán conta argumentadamente, de forma oral ou por escrito -segundo o estime o profesorado-, dos resultados obtidos nos sucesivos estudos de casos que leve a cabo. 8 A1
A2
A3
A4
A5
C3
C4
C8
C17
C18
C21
C27
C30
D1
D2
D3
D4
D7
D9
D12
D22
D23
D24
Probas de tipo test Ao final de curso, realizarase unha proba tipo test, en que se avaliará o nivel de coñecementos teóricos do alumnado. Nesta proba poderase esixir ao alumnado a argumentación concisa das súas respostas.
40 A1
A3
A4
C17
C18
C21
C24
C27
D4
D7
D9
D15
D22
D23
Traballos e proxectos Ao final de curso, de forma individual ou en grupo non superior a seis membros, realizarase un traballo de procura documental, nun prazo que se determinará no momento en que se entreguen as instrucións para a súa elaboración 40 A1
A2
A3
A4
A5
C3
C4
C8
C10
C17
C18
C21
C24
C27
C30
D1
D2
D3
D4
D7
D9
D12
D15
D22
D23
D24
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. A avaliación continua so está vinculada á primeira convocatoria e a nota correspondente a ela resultará das intervencións do alumnado na clase e da resolución de exercicios expostos ao longo do cuadrimestre.

2. A avaliación única constará da proba tipo test e do traballo documental, cada un deles valerá, en este caso, o 50% da nota final.

3. O dereito á avaliación continua pérdese despois de 4 ausencias inxustificadas a sendas sesións nas que se haxa requirido a intervención do/a alumno/a, para o estudo de casos ou a resolución de exercicios.

4. Para poder aprobar a materia, é necesario aprobar independentemente a proba tipo test e o traballo documental. Polo tanto, si un/ha alumno/a non supera unha parte da materia, na acta aparecerá como suspenso/a; se supera unha parte e non se presenta á outra, na acta aparecerá como non presentado/a.

5. Ao final do cuadrimestre, si o /a docente o considera necesario, poderá convocar ao alumnado individualmente coa finalidade de obter información complementaria -relacionada cos seus coñecementos e habilidades- que lle permita optimizar a súa avaliación.

6. Para poder dar conta da avaliación continua, é necesario que o alumnado entregue ao profesorado unha ficha de materia cos seus datos persoais e fotografía. Esta ficha entregarase persoalmente nos quince primeiros días de clase.

7. Para a avaliación final dos aspectos teóricos da materia, existirán dúas oportunidades: o exame final stricto sensu -que terá lugar na data fixada polo decanato e ao que deberán presentarse o alumnado de avaliación única- e o “exame previo” -que realizarase durante a semana previa o exame final-, ambos do mesmo tipo e centrados nos mesmos contidos. O alumnado de avaliación continua que o desexe poderá presentarse o exame previo; quen o supere quedará liberado da parte teórica; quen non o supere ou non se presente ao exame previo deberá presentarse ao exame final.

8. O traballo documental entregarase o día da realización do exame final ou ben o día que se acorde co alumnado.

9. Na convocatoria de xullo, que vaise rexer polos mesmos criterios que a de xaneiro, o alumnado que teña presentarse á parte práctica faríano realizando un traballo documental distinto, no cal os documentos que se propuñan para a análise serán diferentes dos propostos na convocatoria de xaneiro. En canto a os/as que teñan que presentarse a la parte teórica, terán que realizar un novo exame tipo test para poder superala.

10. Todo o explicado na presente guía docente será tamén de aplicación para o alumnado de intercambio, que, por outra parte, deberá ter un bo nivel de competencia da lingua galega ou española que lles permita seguir as clases sen dificultade algunha.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000