Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Ferramentas para a tradución e a interpretación II: Documentación
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Exporanse preguntas ao alumnado acerca da materia explicada, así como das lecturas complementarias fornecidas. 4
Resolución de problemas e/ou exercicios Os alumnos presentarán, oralmente ou por escrito -segundo estímeo o profesor-, os resultados dos exercicios propostos. 8
Estudo de casos/análises de situacións Os alumnos darán conta argumentadamente, de forma oral ou por escrito -segundo estímeo o profesor-, dos resultados obtidos nos sucesivos estudos de casos que leven a cabo. 8
Probas de tipo test Ao final de curso, realizarase unha proba tipo test, en que se avaliará o nivel de coñecementos teóricos do alumno. Nesta proba poderase esixir ao alumno a argumentación concisa das súas respostas.
40
Traballos e proxectos Ao final de curso, de forma individual ou en grupo non superior a seis membros, realizarase un traballo de procura documental, nun prazo que se determinará no momento en que se entreguen as instrucións para a súa elaboración 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. A avaliación continua só está vencellada á primeira convocatoria e a nota correspondente a ela resultará das intervencións dos alumnos en clase e da resolución de exercicios expostos ao longo do cuadrimestre.

2. A avaliación única constará dunha proba tipo test e do traballo de procura documental, cada un dos cales valerá, neste caso, o 50% da nota final.

3. O dereito á avaliación continua pérdese tras 4 ausencias inxustificadas a senllas sesións en que se requiriu a intervención do alumno.

4. Para poder aprobar a materia, é necesario aprobar independentemente a proba tipo test e o traballo de procura documental. Por tanto, se un alumno non supera unha parte da materia, en acta aparecerá como suspenso; se supera unha parte e non se presenta á outra, en acta aparecerá como non presentado.

5. Se un alumno non aproba unha parte da materia ou non se presenta a ela, pero supera a outra -sexa a teórica ou a práctica-, consérvaselle a nota desta para edicións e convocatorias posteriores.  
 
6. Ao final de cuadrimestre, se o docente o considera necesario, poderá convocar aos alumnos individualmente a fin de obter información complementaria -acerca dos seus coñecementos e destrezas- que lle permita optimizar a súa avaliación.

7. Para poder dar conta da avaliación continua, é necesario que os alumnos entreguen ao profesor unha ficha da materia cos seus datos persoais e fotografía. Esta ficha entregarase persoalmente nos quince primeiros días de clase.

8. Para a avaliación final dos aspectos teóricos da materia, existirán dúas oportunidades : o exame final stricto sensu -que terá lugar o día 12 de decembro- e o "exame previo" -o 5 de decembro-, ambos os do mesmo tipo e centrados nos mesmos contidos. Os alumnos que o desexen poderán presentarse ao exame previo; quen o supere quedará liberados da parte teórica; quen non o supere ou non se presente ao exame previo deberá presentarse ao exame final. Se o docente estima que a carga de traballo dos alumnos no resto das materias no mes de decembro é excesiva e impide a adecuada preparación dos exames de Documentación, estes poderían posporse, co acordo dos alumnos, aos días 12 -exame previo- e 16 -exame final- de xaneiro de 2015.  

9. Respecto ao traballo final de procura e tratamento documental, publicarase oportunamente na plataforma de teledocencia as instrucións precisas e condicións que debe cumprir, así como a data de entrega do mesmo, do cal  os alumnos serán puntualmente advertidos a través do correo electrónico. 
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000