Lección maxistral |
As clases maxistrais permitirán a transmisión de información fundamental, teórica e metodolóxica, desde o docente aos discentes e complementaranse con metodoloxías integradas, como son o ensino baseado en proxectos de aprendizaxe e a aprendizaxe colaborativa, para fomentar tanto a intervención activa do alumnado en clase, como a toma de responsabilidades do mesmo no desenvolvemento da súa formación académica. |
Resolución de problemas |
Como aplicación práctica do explicado nas clases maxistrais, proporase ao estudantado a realización de exercicios, parte dos cales deberán ser entregados a través da plataforma de teledocencia, dentro dos prazos que se establezan. |
Estudo de casos/análises de situacións |
Realizaranse estudos particulares de casos de procura, análise e aplicación documental. Esta actividade, que será tutelada, permitirá que o estudantado se exercite na resolución de problemas documentais e prepararalle para a realización do traballo final de curso, que levará a cabo de maneira autónoma. |