Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Ferramentas para a tradución e a interpretación II: Documentación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral As clases maxistrais permitirán a transmisión de información fundamental, teórica e metodolóxica, desde o docente aos discentes e complementaranse con metodoloxías integradas, como son o ensino baseado en proxectos de aprendizaxe e a aprendizaxe colaborativo, para fomentar tanto a intervención activa dos alumnos en clase, como a toma de responsabilidades dos mesmos no desenvolvemento da súa formación académica.
Resolución de problemas e/ou exercicios Como aplicación práctica do explicado nas clases maxistrais, proporase aos estudantes a realización de exercicios, parte dos cales deberán ser entregados a través da plataforma de teledocencia, dentro dos prazos que se establezan.
Estudo de casos/análises de situacións Realizaranse estudos particulares de casos de procura, análise e aplicación documental. Esta actividade, que será tutelada, permitirá que o estudante se exercite na resolución de problemas documentais e prepararalle para a realización de traballo final de curso, que levará a cabo de maneira autónoma.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000