O alumnado Erasmus que desexe cursar esta materia deberá presentarse como moi tarde a 3ª semana de clase. De non ser así, non poderá cursar a materia porque xa se impartiron clases fundamentais para poder seguir o seu desenvolvemento e participar activamente nesta.
O alumnado Erasmus que non teña como linguas de traballo principais francés e español debe realizar unha proba de nivel (redacción e unha traducción curta), para comprobar que está capacitado para traducir cara ao español. Recoméndase polo menos B2 para cada unha das linguas.