Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, I: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Estes traballos consistirán en traducións realizadas na aula, revisións de traducións, controis de lecturas obrigatorias ou outros que propoña a docente. A efectos de
avaliación terase en conta a participación activa. Será obrigatoria a
entrega de polo menos tres traballos para a súa corrección e avaliación.

É obrigatoria a lectura dunha obra literaria en francés (en español para o alumnado Erasmus) que se indica na bibliografía recomendada da materia. Esta será obxecto dun control de lectura que se realizará o día da proba final
20 A1
A2
C4
D1
D7
Resolución de problemas de forma autónoma O alumnado realizará individualmente 2 encargos de tradución que reproducen situacións reais da actividade profesional.
A tradución irá acompañada dun comentario da mesma.
Para iso aplicarán os coñecementos e destrezas adquiridos durante os traballos de aula.

O primeiro encargo realizarase a segunda semana de novembro. O segundo encargo a semana tras a volta de vacacións, a partir do 8 de xaneiro.

A nota deste apartado será a media entre ambas as probas. Si a segunda proba obtén unha cualificación superior en polo menos un (1) punto que a primeira, entón só contará a segunda nota para calcular a porcentaxe.
40 A1
A2
C1
C2
C4
D1
D7
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse dúas probas de tradución con tempo limitado (2 horas cada proba).
A primeira a última semana de outubro, e a segunda, denominada proba final, en decembro, o día sinalado no calendario de exames da FFT.
a) Soamente se poderá usar documentación en papel que debe levar o alumnado. Permitirase unicamente o uso de libros e dicionarios, pero non de apuntamentos propios ou similares. Non se poderá empregar o computador nin calquera outro dispositivo electrónico.

b) A nota deste apartado será a media entre ambas as probas.
Se a segunda proba obtén unha cualificación superior en polo menos un (1) punto que a primeira, entón só contará a segunda nota para calcular a porcentaxe.
É necesario que a nota do segundo exame sexa igual ou superior a 5. De non ser así, deberase repetir esta proba na convocatoria de xullo.
40 A1
A2
C1
C2
C4
D1
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Moovi e de estar ao tanto das datas  de entrega de traballos, probas, etc.

O plaxio ou copia parcial ou total dun encargo ou proba suporá a perda do dereito a avaliación continua. Considérase plaxio o uso de programas de tradución automática mesmo cando o texto resultante presente algunhas correccións. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade.

AVALIACIÓN CONTINUA

1- O alumnado deberá informar o profesorado nas dúas primeiras semanas de clase a súa decisión de acollerse á avaliación continua ou non. Para esta recoméndase a asistencia continuada a clase.

2- Aquelas persoas que por motivos de traballo ou familiares non poidan asistir ás clases, deben comunicalo persoalmente á profesora para que esta tome as medidas compensatorias para facilitar a conciliación laboral e familiar.

3- O non entregar algún dos dous encargos ou non realizar algunha das dúas probas implicará a perda do dereito á avaliación continua e a anulación de todas cualificacións obtidas anteriormente. Terá entón que presentarse á convocatoria única

4- O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo na data de exame publicada polo decanato.

a) Se ten unha nota media superior a 5 nos dous apartados: Encargos de tradución (40%) e Traballos de aula (20 %), só deberá realizar unha proba en tempo limitado similar á proba final de decembro.

b) Se non se ten unha nota media superior a 5 nos dous apartados: Encargos de tradución (40%) e Traballos de aula (20 %) terá que realizar obrigatoriamente as probas que se especifican a continuación:

1. Tradución con tempo limitado (2 horas): 60% da nota. Soamente poderase usar documentación en papel que debe levar o alumnado e non se poderá empregar o computador. Permitirase unicamente o uso de libros e dicionarios, pero non de apuntamentos propios ou similares.

2. Encargo de tradución que recibirá o alumnado o día do exame oficial e que deberá entregar segundo as condicións especificadas no devandito encargo (tradución, comentario e/ou preguntas sobre a tradución) nun máximo de 7 días naturais: 40% da nota

No caso b) a nota mínima da tradución con tempo limitado para facer a media entre partes será dun 5 sobre 10. De non alcanzar esta nota, non se contará o encargo de tradución e a nota final será a do exame con tempo limitado.

CONVOCATORIA ÚNICA (XANEIRO E XUÑO)

O alumnado que non se acolla á avaliación continua ou que teña a materia pendente de cursos anteriores presentarase na data oficial do exame (xaneiro ou xullo segundo corresponda) de xaneiro publicada polo decanato a unha proba que consistirá en:

1. Tradución con tempo limitado (2 horas): 60 % da nota. Soamente poderase usar documentación en papel que debe levar o alumnado e non se poderá empregar o computador. Permitirase unicamente o uso de libros e dicionarios, pero non de apuntamentos propios ou similares.

2. Encargo de tradución que recibirá o alumnado o día do exame oficial e que deberá entregar segundo as condicións especificadas no devandito encargo (tradución, comentario e/ou preguntas sobre a tradución) nun máximo de 7 días naturais: 40 % da nota.

A nota mínima da tradución con tempo limitado para facer a media entre ambas as partes será dun 5 sobre 10. De non alcanzar esta nota, non se contará o encargo de tradución e a nota final será a do exame.

ALUMNADO ERASMUS

Esta materia non está dirixida á aprendizaxe do español nin do francés. Considérase que o alumnado xa posúe un bo nivel do mesmo.

Para poder cursar a materia recoméndase un nivel B2 de español.

Non se recomenda seguir esta materia a aquel alumnado que:

1. Non teña como primeira ou segunda lingua de traballo o español.

2- Non curse estudos de linguas ou tradución.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000