Ao alumnado supónselle un coñecemento de partida de manexo a nivel de usuario dos procesadores de texto. Quen non posúa esta competencia, terá que traballala pola súa conta as primeiras semanas de clase, posto que un dos criterios de corrección será o uso adecuado de normas de presentación usando devanditos procesadores. O alumnado deberá informar o profesorado nas dúas primeiras semanas de clase a súa decisión de acollerse á avaliación continua ou non. En todo caso, para poder acollerse a ela, debe asistir polo menos ao 80% das horas presenciais. Aquelas persoas que por motivos de traballo non poden asistir a todas as clases, deben comunicalo persoalmente á profesora para que esta tome as medidas compensatorias que considere pertinentes. O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha
cualificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria
extraordinaria de xullo. Se ten unha nota media superior a 5 nos dous apartados: Encargos de tradución (20%) e Traballos de aula (15%), só deberá realizar unha proba en tempo limitado similar á proba final de decembro. Se non se ten unha nota media superior a 5 nos dous apartados: Encargos de tradución (20%) e Traballos de aula (15%) a realizar obrigatoriamente as probas que se especifican a continuación: 1. Tradución con tempo limitado (2 horas): 65% da nota. Soamente poderase usar documentación en papel que debe levar o alumnado e non se poderá empregar o computador. Permitirase unicamente o uso de libros e dicionarios, pero non de apuntamentos propios ou similares. 2. Encargo de tradución que recibirá o alumnado o día do exame oficial e que deberá entregar segundo as condicións especificadas no devandito encargo nun máximo de 7 días naturais: 35% da nota A nota mínima da tradución con tempo limitado para facer a media entre partes será dun 4 sobre 10. De non alcanzar esta nota, non se contará o encargo de tradución e a nota final será a media do exame con tempo limitado e o cuestionario. O plaxio ou copia cualificarase cun 0, que computará para a nota
final. O exercicio ou traballo que fose obxecto de copia ou plaxio non
se poderá repetir. CONVOCATORIA ÚNICA DE XANEIRO
O alumnado que non se acolla á avaliación continua ou que teña a materia pendente de cursos anteriores presentarase o día 13 de xaneiro de 2015 ás 16.00 unha proba que consistirá en: 1. Tradución con tempo limitado (2 horas): 65% da nota. Soamente poderase usar documentación en papel que debe levar o alumnado e non se poderá empregar o computador. Permitirase unicamente o uso de libros e dicionarios, pero non de apuntamentos propios ou similares. 2. Encargo de tradución que recibirá o alumnado o día do exame oficial e que deberá entregar segundo as condicións especificadas no devandito encargo nun máximo de 7 días naturais: 30% da nota. 3. Cuestionario relativo a lectura obrigatoria incluída (30 minutos): 5% da nota A nota mínima da tradución con tempo limitado para facer a media entre ambas as partes será dun 4 sobre 10. De non alcanzar esta nota, non se contará o encargo de tradución e a nota final será a do exame e do cuestionario relativo á lectura. O plaxio ou copia cualificarase cun 0, que computará para a nota
final. O exercicio ou traballo que fose obxecto de copia ou plaxio non
se poderá repetir. |