Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, I: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Estes traballos consistirán en traducións realizadas na aula, traducións previamente preparadas que se corrixirán na aula. A efectos de avaliación
terase en conta a participación activa. Será obrigatoria a entrega de polo menos tres traducións para a súa corrección e avaliación.
15
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma O alumnado realizará individualmente 2 encomendas de tradución que reproducen situacións reais, ainda que simplificadas, da actividade profesional. Para iso aplicarán os coñecementos e destrezas adquiridos durante os traballos de aula e o traballo autónomo. 20
Estudos/actividades previos O alumnado ha de contestar un cuestionario relativo aos contidos das lecturas obrigatorias. Estas indicaranse na plataforma FAITIC.

É obrigatoria a lectura dunha obra literaria en francés (en español para o alumnado Erasmus) que se indica na bibliografía recomendada da materia. Esta será obxecto dun control de lectura que se realizará o mesmo día da proba final, o día 17 de decembro de 2013.
5
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizaranse dúas probas de tradución con tempo limitado (2 horas cada proba).
A primeira a terá lugar a última semana de novembro, e a segunda, denominada proba final, o día 17 de decembro.
Soamente poderase usar documentación en papel que debe levar o alumnado. Non se poderá empregar o computador. Permitirase unicamente o uso
de libros e dicionarios, pero non de apuntamentos propios ou similares.
60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Ao alumnado supónselle un coñecemento de partida de manexo a nivel de usuario dos procesadores de texto.  Quen non posúa esta competencia, terá que traballala pola súa conta as primeiras semanas de clase, posto que un dos criterios de corrección será o uso adecuado de normas de presentación usando devanditos procesadores.

O alumnado deberá informar o profesorado nas dúas primeiras semanas de clase a súa decisión de acollerse á avaliación

continua ou non. En todo caso, para poder acollerse a ela, debe asistir polo menos ao 80% das horas presenciais. Aquelas persoas que por motivos de traballo non poden asistir a todas as clases, deben comunicalo persoalmente á profesora para que esta tome as medidas compensatorias que considere pertinentes.

O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha
cualificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria
extraordinaria de xullo. Se ten unha nota media superior a 5 nos dous apartados: Encargos de tradución (20%) e Traballos de aula (15%), só deberá realizar unha proba en tempo limitado similar á proba final de decembro.

Se non se ten unha nota media superior a 5 nos dous apartados: Encargos de tradución (20%) e Traballos de aula (15%)  a realizar  obrigatoriamente as probas que se especifican a continuación:

1. Tradución con tempo limitado (2 horas): 65% da nota. Soamente poderase usar documentación en papel que debe levar o alumnado e non se poderá empregar o computador. Permitirase unicamente o uso de libros e dicionarios, pero non de apuntamentos propios ou similares.

2. Encargo de tradución que recibirá o alumnado o día do exame oficial e que deberá entregar segundo as condicións especificadas no devandito encargo nun máximo de 7 días naturais: 35% da nota

A nota mínima da tradución con tempo limitado para facer a media entre partes será dun 4 sobre 10. De non alcanzar esta nota, non se contará o encargo de tradución e a nota final será a media do exame con tempo limitado e o cuestionario.

O plaxio ou copia cualificarase cun 0, que computará para a nota
final. O exercicio ou traballo que fose obxecto de copia ou plaxio non
se poderá repetir.

CONVOCATORIA ÚNICA DE XANEIRO 

O alumnado que non se acolla á avaliación continua ou que teña a materia pendente de cursos anteriores presentarase o día 13 de xaneiro de 2015 ás 16.00 unha proba que consistirá en:

1. Tradución con tempo limitado (2 horas): 65% da nota. Soamente poderase usar documentación en papel que debe levar o alumnado e non se poderá empregar o computador. Permitirase unicamente o uso de libros e dicionarios, pero non de apuntamentos propios ou similares.

2. Encargo de tradución que recibirá o alumnado o día do exame oficial e que deberá entregar segundo as condicións especificadas no devandito encargo nun máximo de 7 días naturais: 30% da nota.

3. Cuestionario relativo a lectura obrigatoria incluída (30 minutos): 5% da nota

A nota mínima da tradución con tempo limitado para facer a media entre ambas as partes será dun 4 sobre 10. De non alcanzar esta nota, non se contará o encargo de tradución e a nota final será a do exame e do cuestionario relativo á lectura.

O plaxio ou copia cualificarase cun 0, que computará para a nota
final. O exercicio ou traballo que fose obxecto de copia ou plaxio non
se poderá repetir.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000