Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, I: Francés-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación da materia no relativo aos contidos, avaliación, metodoloxía docente, etc.
Farase unha pequena proba de avaliación diagnóstica que non se terá en conta para a avaliación final
Traballo tutelado O estudante realiza exercicios preparatorios para a tradución, de sensibilización co proceso tradutor, elabora traducións na aula baixo as directrices e supervisión da profesora, e realiza revisión de textos.

O seu desenvolvemento pode estar vinculado coas actividades autónomas do estudante.
Resolución de problemas de forma autónoma O alumnado realizará individualmente encargos de tradución que reproducen situacións reais aínda que simplificadas da actividade profesional. Para iso aplicarán os coñecementos e destrezas adquiridos durante os traballos de aula.
Estudo previo O alumnado ha de contestar un cuestionario relativo aos contidos das lecturas obrigatorias.
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000