Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, I: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral A avaliación das sesións maxistrais permitirá coñecer a competencia acadada polo alumnado no referente aos conceptos teóricos da materia. Poderase avaliar o alumnado, ben mediante un exame, ben mediante a encomenda de resumos ou crítica de artigos. 10 A1
A2
A3
A4
C1
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma Neste apartado avaliaranse todo tipo de exercicios relacionados coa competencia lingüística e tradutora. Poderán ser exercicios que traten de dificultades de tradución, análise de tradución... Terase especialmente en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado tanto escritos como orais. 30 A1
A2
A3
A4
C1
C4
C18
Presentacións/exposicións O alumnado deberá presentar oralmente en idioma I, e de xeito individual o traballo encomendado a comezos de curso. 15 A1
A2
A3
A4
C1
C2
C4
D7
D8
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Neste apartado, entragaránselle ao alumnado textos para seren traducidos que tenten simular situacións reais de traballo. 35 A1
A2
A3
A4
C1
C2
C4
C17
D1
D2
Probas de resposta curta O alumnado deberá ler un libro obrigatorio en idioma I (cf. bibliografía) que será avaliado cunha proba de resposta curta 10 A1
A2
A3
A4
C1
C2
D1
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

               O alumnado que siga o curso poderá acollerse ao sistema de avaliación continua. O que non cumpra coa entrega das tarefas nos prazos marcados pasará automaticamente á avaliación única e deberá presentarse ao exame final. 

               En caso de ter suspensa algunha proba, terá que recuperala(s) na convocatoria final. O prazo de entrega do traballo será o a última semana de novembro de 2017. As datas das restantes probas indicaranse ao principio de curso. O que suspenda na convocatoria final, terá que avaliarse de todos os contidos da materia na convocatoria de xullo. 

               O alumnado que non siga a avaliación continua, deberá realizar un exame final (avaliación única) sobre todos os contidos da materia especificados no apartado CONTIDOS da guía docente. A data oficial de exame para o alumnado de avaliación única será a data establecida no calendario de exames aprobado en Xunta da FFT. O exame consistirá na realización dunha tradución comentada do francés ao galego dun texto de 400 palabras aproximadamente. As faltas de ortografía penalizaranse con 0.25 erro. O que suspenda na convocatoria de decembro, terá que avaliarse de todos os contidos da materia en xullo de 2018.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000