Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, I: Francés-Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Neste apartado, a docente presentará a programación, explicando polo miúdo os contidos, os traballos que hai que realizar e comentará tamén as lecturas obrigatorias do curso, así como o sistema de avaliación
Sesión maxistral As 7 horas de sesións maxistrais destinaranse a presentar a situación da tradución en Galicia, así como o proceso tradutivo. Malia estaren no apartado de sesións maxistrais, as clases serán de índole participativo e sempre estarán apoiadas por un soporte práctico.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Neste bloque de 26 horas, realizaranse exercicios de tradución que tentarán reproducir situacións reais de traballo. Resolveranse problemas (dificultades de tradución) mediante exercicios aplicados vinculados cos contidos tratados nas sesións maxistrais.
Traballos tutelados O alumnado deberá realizar un traballo sobre algunha das dificultades de tradución presentadas nas clases maxistrais (tradución de nomes, traducións de paremias, tradución de referencias culturais...), que será tutelado pola/o profesor/a. Durante as dúas horas presenciais dedicadas a este apartado, a docente explicará o procedemento e as normas de elaboración do traballo.
Presentacións/exposicións Durante as 4 horas dedicadas a este apartado, o alumnado presentará o seu traballo en idioma I na clase.
Prácticas autónomas a través de TIC Durante as prácticas autónomas a través de TIC, o alumnado coñecerá as bases de datos e fontes de documentación necesarias para a tradución de textos de índole xeral.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000