Guia docente 2012_13
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, I: Francés-Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Neste apartado, o docente presentará a programación, explicando polo miúdo os contidos, os traballos que hai que realizar e comentará tamén as lecturas obrigatorias do curso, así como o sistema de avaliación
Sesión maxistral As 7 horas de sesión maxistral destinaranse a presentar a situación da tradución en Galicia por unha parte e a explicar o proceso tradutivo. Malia estaren no apartado de sesións maxistrais, as clases serán de índole participativo e sempre estarán apoiadas por un soporte práctico.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Neste apartado de 26 horas, realizaranse exercicios de tradución que tentarán reproducir situacións reais, así como a resolución de problemas (dificultades de tradución); exercicios aplicados á teoría achegada durante as sesións maxistrais.
Traballos tutelados O alumnado deberá realizar un traballo sobre algunha das dificultades de tradución presentadas nas clases maxistrais (tradución de nomes, traducións de paremias, tradución de referencias culturais...), que será tutelado pola/o profesor/a. Durante as dúas horas presenciais dedicadas a este apartado, a/o docente explicará o procedemento e as normas de elaboración do traballo.
Presentacións/exposicións Durante as 4 horas dedicadas a este apartado, o alumnado presentará o seu traballo en idioma I na clase.
Prácticas autónomas a través de TIC Durante as prácticas autónomas a través de TIC, o alumno coñecerá as bases de datos e fontes de documentación necesarias para a tradución de textos de índole xeral.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000