Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, I: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios A participación activa en clase medirase polo traballo realizado nas actividades de resolución de problemas e/ou exercicios. 5 C3
C4
C22
D4
D22
Traballos de aula A participación activa en clase medirase polo labor realizado nos traballos de aula. 5 C3
C4
C22
D4
D22
Probas de resposta longa, de desenvolvemento 1) Teoría, na que se examinará ao alumno, tanto dos contidos explicados nas clases maxistrais, como dos contidos das lecturas obrigatorias e
2) práctica, que consistirá na tradución dun texto con axuda de dicionarios en formato papel.
DATAS: Proba de teoría (30%): a data desta proba coincidirá coa da proba de avaliación única do calendario de exames aprobado en Xunta de Facultade.
Proba práctica (30%): semana 11 de clase.
60 C3
C4
C8
C17
C22
D4
D22
Traballos e proxectos Realizarase unha entrega obrigatoria que consistirá nun encargo de tradución e comentario traductológico dun texto instructivo.
DATA: semana 8 de clase.
30 C2
C3
C4
C8
C17
C22
C27
D4
D6
D14
D17
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

Esta materia é presencial e a súa avaliación continua (as probas e porcentaxes da avaliación continua son os arriba especificados). No entanto, se algún alumno, por motivos xustificados, non pode seguir a avaliación continua, deberá presentar nas dúas semanas seguintes ao día no que se matricule un xustificante especificando este particular. Nese caso, para ser avaliado na primeira edición de actas deberá ir a avaliación única na data especificada no calendario de exames aprobado en Xunta de Facultade. A proba consistirá en: unha tradución con presión de tempo (35%), un exame teórico dos contidos da materia (35%) e a entrega dun encargo (30%). Para superar esta proba é necesario aprobar as tres partes da mesma.

CONVOCATORIA DE XULLO

Os alumnos que sigan o sistema de avaliación continua e non alcancen a nota mínima presentaranse en xullo ás partes non superadas na data especificada no calendario de exames. As partes aprobadas só gardaranse ata a edición de xullo.

Os alumnos que sigan o sistema de avaliación única e non superen a materia na primeira edición de actas presentaranse á proba fixada no calendario de exames, que consistirá en: unha tradución con presión de tempo (35%), un exame teórico dos contidos da materia (35%) e a entrega dun encargo (30%). Para superar esta proba é necesario aprobar as tres partes da mesma.

Todas as probas realizaranse na lingua termo da combinación da materia.

Con respecto á avaliación de traballos e proxectos, se se detecta que estes (ou algunha das súas partes) son plaxios, a cualificación dos mesmos será 0.

É responsabilidade do alumno consultar os materiais e novidades a través da plataforma de teledocencia FAITIC e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.   

ALUMNADO ERASMUS

Necesítase nivel B2 de lingua A español. Realizarase unha proba de nivel as primeiras semanas do curso.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000