PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS Esta materia é presencial e a súa avaliación continua. No entanto, se algún alumno, por motivos xustificados, non pode asistir a clase, deberá presentar nas dúas semanas seguintes ao día no que se matricule un xustificante especificando este particular. Para ser avaliado na primeira edición de actas deberá entregar os traballos que se soliciten (avaliables ou non) e presentarse tanto á proba teórica como á práctica. Os alumnos que non alcancen a nota mínima presentaranse en xullo ás partes non superadas. As partes aprobadas só gardaranse ata a edición de xullo. CONVOCATORIA DE XULLO Exame final na data marcada polo centro que abarcará todos os contidos da materia, tanto teóricos como prácticos (para que faga media, en cada parte (teórica e práctica) haberá que obter un mínimo de 2,5 sobre 5). O exame realizarase na lingua termo da combinación da materia. Con respecto á avaliación de traballos e proxectos, se se detecta que estes (ou algunha dos seus partes) son plaxios, a cualificación dos mesmos será 0. |