PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS Esta materia é presencial e a súa avaliación continua. No entanto, se algún alumno, por motivos xustificados, non pode seguir este sistema de avaliación, deberá presentar nas dúas semanas seguintes ao día no que se matricule un xustificante especificando este particular. Nese caso, presentarase a un exame ao final do cuadrimestre e/ou xullo que abarcará todos os contidos da materia, tanto teóricos como prácticos (para que faga media, en cada parte (teórica e práctica) haberá que obter un mínimo de 2,5 sobre 5). O exame realizarase na lingua termo da combinación da materia, a data acordarase co alumnado e publicarase con suficiente tempo a través da plataforma de docencia Faitic. Os alumnos que sigan o sistema de avaliación continua e non alcancen a nota mínima, presentaranse en xullo ás partes non superadas. As partes aprobadas só gardaranse ata a edición de xullo. CONVOCATORIA DE XULLO Exame final na data marcada polo centro que abarcará todos os contidos da materia, tanto teóricos como prácticos (para que faga media, en cada parte (teórica e práctica) haberá que obter un mínimo de 2,5 sobre 5). O exame realizarase na lingua termo da combinación da materia. Con respecto á avaliación de traballos e proxectos, se se detecta que estes (ou algunha dos seus partes) son plaxios, a cualificación dos mesmos será 0. |