Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, I: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios A asistencia e participación activa en clase medirase polo traballo realizado nas actividades de resolución de problemas e/ou exercicios. 5
Traballos de aula A asistencia e participación activa en clase medirase polo labor realizado nos traballos de aula. 5
Probas de resposta longa, de desenvolvemento 1) Teoría, na que se examinará o alumno, tanto dos contidos explicados nas clases maxistrais, coma dos contidos das lecturas obrigatorias e
2) práctica, que consistirá na tradución dun texto con axuda de dicionarios en formato papel.
DATA: consensuarase có alumnado.
30
Traballos e proxectos Realizaranse dúas entregas:
1) encargo de tradución e comentario traductolóxico dun texto instructivo.
2) encargo de tradución e comentario traductolóxico dun conto infantil.
As datas de entrega fixaranse en clase, atendendo ao calendario e tendo en conta os períodos de traballo autónomo e unha distribución racional da carga de traballo.
60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

Esta materia é presencial e a súa avaliación continua. No entanto, se algún alumno, por motivos xustificados, non pode seguir este sistema de avaliación, deberá presentar nas dúas semanas seguintes ao día no que se matricule un xustificante especificando este particular. Nese caso, presentarase a un exame  ao final do cuadrimestre e/ou xullo  que abarcará todos os contidos da materia, tanto teóricos como prácticos (para que faga media, en cada parte (teórica e práctica) haberá que obter un mínimo de 2,5 sobre 5). O exame realizarase na lingua termo da combinación da materia, a data acordarase co alumnado e publicarase con suficiente tempo a través da plataforma de docencia Faitic.

Os alumnos que sigan o sistema de avaliación continua e non alcancen a nota mínima, presentaranse en xullo ás partes non superadas. As partes aprobadas só gardaranse ata a edición de xullo.

CONVOCATORIA DE XULLO

Exame final  na data marcada polo centro que abarcará todos os contidos da materia, tanto teóricos como prácticos (para que faga media, en cada parte (teórica e práctica) haberá que obter un mínimo de 2,5 sobre 5). O exame realizarase na lingua termo da combinación da materia.

Con respecto á avaliación de traballos e proxectos, se se detecta que estes (ou algunha dos seus partes) son plaxios, a cualificación dos mesmos será 0.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000