Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, I: Inglés-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Seminario Nas tutorías grupais comentaranse e revisarán o exercicios e entregas da materia.
Resolución de problemas Os puntos teóricos explicados nas clases maxistrais exercitaranse a través de actividades de resolución de problemas e distintos tipos de exercicios que se farán na aula, normalmente en parellas ou pequenos grupos.
Traballo tutelado Actividades máis extensas nas que non só se pon en práctica o asimilado a través de explicacións e lecturas, senón que buscan fomentar a aprendizaxe autónoma, o espírito crítico, o traballo en equipo, etc. e que se poden desenvolver na aula, pero tamén na biblioteca ou na sala de ordenadores.
Resolución de problemas de forma autónoma Os puntos teóricos explicados nas clases maxistrais exercitaranse a través de actividades de resolución de problemas e distintos tipos de exercicios que o alumno realizará individualmente na casa.
Estudo previo Todas as unidades do temario teñen unha bibliografía básica obrigatoria que o alumno debe asimilar, xa que será examinado do seu contido.
Lección maxistral Nas sesións maxistrais explicaranse os puntos teóricos que, a continuación, se exercitarán mediante actividades fóra e dentro da aula. É fundamental que os devanditos puntos teóricos sexan estudados e asimilados polo estudantado.
Actividades introdutorias A primeira sesión presencial desta materia dedicarase a explicar con detalle os obxectivos que se pretende alcanzar, o temario, a forma en que se desenvolverá a docencia e os procedementos de avaliación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000