Educational guide 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, I: Inglés-Galego
   Recomendacións

Materias que continúan o temario
Tradución idioma 1, II: Inglés-Galego/V01G230V01502
Tradución idioma 1, III: Inglés-Galego/V01G230V01605

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Idioma moderno: Idioma 1, III: Inglés/V01G230V01303

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Antropoloxía: Antropoloxía das prácticas de tradución e interpretación/V01G230V01209
Idioma moderno: Idioma 1, I: Inglés/V01G230V01103
Idioma moderno: Idioma 1, II: Inglés/V01G230V01203
 
Outros comentarios
É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles nas plataformas de traballo Moovi, BeA e Phrase (novidades, documentos, cualificacións) e estar ao tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas. En xeral, para cursar a materias de Tradución Idioma I,1 ingles-galego, o alumno deberá posuír certos coñecementos e destrezas previos que se consideran ferramentas básicas de traballo: - dominio das normas cultas das dúas linguas de traballo e corrección na expresión oral e escrita - lectura comprensiva de textos (detección de dobres sentidos, intencionalidades ocultas, ironía, manipulación ideolóxica, etc. ) escritos nas dúas linguas de traballo - coñecementos de ofimática, comunicación electrónica e internet: procesador de textos, correo electrónico, navegadores, dicionarios e enciclopedias electrónicos, correctores ortográficos, etc. - uso eficiente dos fondos das bibliotecas, fontes de documentación e dicionarios Para conseguir estes prerrequisitos proponse o seguinte plano de traballo que o alumnado debería desenvolver antes de comeza-lo período de docencia: - estudo das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (véxase apartado de bibliografía) e da gramática inglesa - exercicios de lectura de todo tipo de textos escritos nas dúas linguas de traballo - traballo práctico co ordenador para familiarizarse co seu manexo, cos distintos programas e cos diferentes formatos textuais - sesións de traballo práctico na rede: busca e consulta de fontes de documentación (dicionarios, enciclopedias), xestión de contas de correo electrónico, envío de arquivos, etc. - asistencia ós cursos de formación ofrecidos pola Bibiblioteca xeral e pola biblioteca da facultade
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000