Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, I: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudo de casos/análises de situacións Axeitamento das traducións realizadas e entregadas á encarga e á situación de tradución 40
Prácticas autónomas a través de TIC Valoración das distintas actividades realizadas polo alumno en TEMA 25
Sesión maxistral Probas propostas ó fio dos contidos das sesións maxistrais 20
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame final 15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para ter dereito á avaliación continua e a unha cualificación final, o alumnado deberá participar en tódalas actividades previstas na materia e asistir ó 80% das sesións presenciais de clase.

Nas distintas probas propostas será imprescindible responder tódalas preguntas. Salvo que se indique outra cousa, pódese responder en calquera das dúas linguas de traballo da materia. 

O alumnado poderá realizar un traballo voluntario de fin de curso que recibirá unha puntuación máxima de 2 puntos, que se sumarán á nota final obtida no proceso de avaliación. O traballo consistirá na tradución e comentario dun texto, elixido entre o profesor e o alumnado, de entre 10 e 15 folios de extensión (18.000-28.000 caracteres). O prazo para entregar este traballo rematará o día do exame final oficial e será improrrogable. O traballo entregaráselle ó profesor en man e impreso.

Con respecto á corrección dos exames e traballos, cómpre sinalar que se lle prestará unha especial atención ó dominio das normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega. Tres erros ortotipográficos ou morfosintácticos invalidarán calquera exame.

Nos exames permitirase o uso de dicionarios, apuntamentos, ordenador con conexión a internet e outros materiais.

No caso do alumnado que non se acollan á avaliación continua, deberá realizar un único exame 
nunha das últimas clases do cuadrimestre.  O exame terá unha parte teórica (resposta a unha pregunta sobre a parte teórica do temario; valor 50%) e outra práctica (tradución dun texto dunhas 350 palabras; valor 50%). Haberá que realizar as dúas partes obrigatoriamente.

Na convocatoria de xullo o alumnado deberá realizar un único exame na data fixada pola facultade. O exame terá unha parte teórica (resposta a unha pregunta sobre a parte teórica do
temario; valor 50%) e outra práctica (tradución dun texto dunhas 350
palabras; valor 50%). Haberá que realizar as dúas partes
obrigatoriamente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000