Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma 2, III: Portugués
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Exercicios orais e escritos que se realizarán durante as clases. 20
Traballos de aula Realización/presentación de varios traballos - individuais ou en grupos, sobre temas diversos (gramática, léxico, pragmática e cultura lusófona). 25
Probas de resposta curta Unha proba escrita sobre contidos de civilización lusófona e sobre elementos de tradución e cultura portuguesa (a realizar en novembro). 20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba escrita sobre os contidos teórico-prácticos vistos durante o curso. O exame realizarase na última sesión de clase. 15
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Diferentes exercicios prácticos orais a realizar nas clases. Exercicios de tradución oral. Proba oral individual (última semana de clase). 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá elixir, de maneira obrigatoria nas dúas primeiras semanas de clase do cuadrimestre, entre dúas opcións: un sistema de avaliación continua ou un sistema de avaliación única. Recoméndase elixir o primeiro, unha vez que se trata do ensino dun idioma estranxeiro e é recomendable asistir con regularidade ás clases. O alumnado que non pode asistir regularmente ás clases debe comunicalo ao profesorado. A non realización de probas ou exercicios parciais previstos polo sistema de avaliación continua supón a obtención dunha cualificación 0 (cero) puntos na mesma.

A data do último exame de avaliación continua coincidirá coa data do exame "avaliación única" incluída no calendario oficial da FFT.

A avaliación única será valorada da seguinte maneira:

1. Proba escrita teoría-práctica: 75% da nota final.

2. Proba oral: 25% da nota final. Esta proba deberá ser gravada en forma de audio e a participación nela presupón o consentimento da gravación.

É necesario superar ambas as probas para aprobar a materia.

A non presentación nunha das probas, sen xustificación, supón a obtención dunha nota 0 (cero) puntos na mesma.

Os mesmos criterios de avaliación serán aplicados na segunda edición das actas (xullo).

Copia ou plaxio nos respectivos exames de avaliación continua ou única será penalizado cun suspenso (nota numérica cero) nas mesmas.

Recoméndase a asistencia regular ás clases e titorías, asou como a consulta de materiais e informacións específicas na plataforma virtual Faitic.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000