Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma 2, III: Portugués
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Exercícios orais e escritos breves, a serem realizados durante as aulas. 20
Traballos de aula Realização/apresentação de vários trabalhos - individuais ou em grupos, sobre temas diversos (gramática, léxico, pragmática e cultura lusófona). 25
Probas de resposta curta 1 prova escrita sobre conteúdos de civilização lusófona e sobre elementos de tradução e cultura portuguesa. 20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Prova escrita 15
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Diferentes exercícios práticos (escritos ou orais) a realizar nas aulas.
Breves exercícios de tradução.
20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As/Os estudantes deberán escoller no principio do curso entre dúas opcións: un sistema de avaliación continua (cf. supra) ou un sistema de avaliación única. Recoméndase optar polo primeiro.

É condición obrigatoria para ser avaliada/o de forma continua a asistencia a un 80% das aulas, a non ser que haxa motivos xustificados para unha asistencia lixeiramente inferior, que deberán ser comunicados ao profesorado o antes posible.

É recomendable consultar regularmente os espazos virtuais da materia na plataforma TEMA (http://faitic.uvigo.es).

Quen incumpra as condicións esixidas para a avaliación continua ou quen opte de forma directa pola avaliación única será avaliada/o ao final do primeiro período ou, para quen non supere a primeira convocatoria, na segunda edición das actas (convocatoria de xullo), da seguinte forma:

1. Cunha proba escrita teórico-práctica (contando 75% da nota final –teoría: 25%; práctica: 50%–);

e

2. Cunha proba de expresión oral (contando 25% da nota final), que será gravada. A convocatoria das probas de expresión oral deberá acordarse co profesorado coa antelación necesaria, sendo responsabilidade do alumnado contactar co profesorado. A non presentación á proba de expresión oral suporá a obtención dunha cualificación de 0 (cero) puntos na mesma.

En todo caso, recoméndase a asistencia ás aulas e ás titorías e consultar regularmente os espazos virtuais da materia na plataforma TEMA (http://faitic.uvigo.es), mesmo que non se siga o sistema de avaliación continua.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000