Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma 2, III: Alemán
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Valoración continua das prácticas gramaticais, léxicas e tradutolóxicas 10 C4
C22
C25
D9
D15
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Valoración global das actividades de repaso 15 C1
C2
D2
D4
Probas de resposta curta Examen escrito de contido léxico, gramatical e tradutolóxico 75 C18
C24
C27
D10
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación e conseguinte cualificacióndo traballo do alumnado levarase a cabo cun procedemento de avaliación continua de acordo coas porcentaxes descritas máis arriba. A proba escrita realizarase na derradeira semana de clase.

O alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación continua e escolla avaliación única deberá realizar un exame escrito na derradeira semana de clase sobre os contidos da materia e máis outro oral noutra data concertada co profesorado para superala. O primeiro cun valor do 80% e o segundo cun valor do 20% da nota.

Tanto no caso da avaliación continua, como da avaliación única, a nota do exame escrito non deberá ser inferior a 4 para superar a materia.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO): Exame teórico-práctico escrito dos contidos do curso polo 100% da cualificación. Para o alumnado que durante o curso se acolleu á avaliación única este exame ten un valor do 80% da nota; este alumnado terá que facer tamén unha proba oral polo 20% da cualificación para superar a materia. A nota do exame escrito non deberá ser inferior a 4 para superar a materia. A proba oral realizarase nunha data concertada co profesorado.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000