Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma 2, III: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos tutelados
Elaboración de traballos escritos de resumos de lecturas, charlas e outros tutelados na aula e realizados de forma autónoma
10 A2
A3
C4
C18
D15
D23
Presentacións/exposicións presentacións orais relacionadas coa destreza de expresión oral e de comprensión escrita 10 A4
C18
C24
D15
D22
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas prácticas de resolución de tarefas relacionadas coa destreza de comprensión oral e escrita. 20 A2
A4
A5
C2
C10
C18
D2
D10
D12
Outras Proba final sobre todos os contidos lingüísticos e comunicativos da materia. Inclúe exercicios de resposta curta sobre a aplicación dos contidos gramaticais e léxicos, e tarefas de expresión oral e comprensión escrita 60 A1
A2
A5
C4
C18
C24
D15
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación é contínua; para ser avaliado na materia será
necesario ter entregado os traballos na data requirida: un traballo na primeira
semana de outubro, outro na primeira  de novembro e o último na primeira
de decembro. Tamén se terá en conta a participación activa no curso. As
probas non entregadas ou non superadas cun mínimo dun valor de 4/10
contarán coma un cero. En caso de plaxio, a nota final é de
suspenso.

Haberá una proba final para os alumnos de avaliación continua na última
semana de docencia; será publicada en faitic. Será  de contido práctico
e teórico (60%). Para superar a materia farase a media e haberá que
superar cun mínimo dun 4 cada una das partes.

Para os alumnos non acollidos a esta modalidade a nota da proba será
un 100%.

Os alumnos que non superen a avaliación contínua e os que non se presentaron ao final, farán en xullo unha proba que contará coma un 100% da nota (
30/70 parte práctica e teórica).

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame
suporá un suspenso global na materia. Alegar descoñecemento do que supón
un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das
respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000