Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma 2, III: Inglés
   Recomendacións


Materias que se recomenda ter cursado previamente
Idioma moderno: Idioma 2, I: Inglés/V01G230V01105
Idioma moderno: Idioma 2, II: Inglés/V01G230V01205
 
Outros comentarios
Nunha materia de idioma inglés a nivel avanzado, a asistencia activa ás sesións presenciais constitúe un elemento chave na adquisición de competencias por parte do alumnado, polo que se recomenda a asistencia e participación activa na aula. De igual maneira, para superar esta materia é necesario o traballo constante do alumnado, tanto nas sesións presenciais como a nivel individual. Todos os materiais cos que se traballe ao longo do curso poderán ser obxecto de avaliación. Recoméndase encarecidamente a consulta regular da plataforma Moovi. A/o docente porá material a disposición do alumnado a través desta plataforma. Para asegurar o atendemento en tirorías, recoméndase que o alumnado fixe coa/o docente data e hora para dito atendemento. Isto poderá facerse en persoa na aula, ou por e-mail. En ningún caso se resolverán dúbidas por correo electrónico. Durante as clases, o alumnado non poderá facer uso de dispositivos electrónicos (ordenador, teléfono móbil, tablet, etc.), a non ser que a/o docente así o requira.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000