Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma 2, III: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentacións/exposicións Presentacións/exposicións orais sobre os contidos da materia, quer de forma individual quer colectiva, para reforzar as destrezas comunicativas de expresión. 30 A4
C1
C2
C4
C10
C17
C18
C22
C25
C27
C32
D15
D23
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Proba da destreza de comprensión oral (listening). 30 A4
C1
C2
C4
C10
C11
C17
C18
C22
C25
C27
C30
C32
D12
Probas de resposta curta Probas puntuais sobre a materia asignada, conceptos teóricos e a súa aplicación.. 20 A4
C1
C2
C4
C12
C18
C24
C25
D12
Outras O alumnado deberá ler unha obra (Animal Farm) que será avaliada mediante proba escrita e oral. 20 C1
C2
C4
C10
C17
C18
C22
C25
C27
C32
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Consideracións xerais:

A cualificación final da materia calcularase tendo en conta todas as destrezas traballadas ao longo do cuadrimestre. O peso de cada unha destas será a seguinte: Listening=20%; Speaking=30%; Reading and reading setbook=20%; Writing= 30% que terán un peso específico do 100% da nota obtida.

Por otra banda, a resolución de exercicios prácticos relacionados cos contidos gramaticais e léxicos e as destrezas comunicativas e aplicación dos contidos lingüísticos (Use of English) computaránse na parte de reading e writing. Será necesario aprobar cada unha das partes para aprobar a materia. A profesora terá en conta os exercicios escritos e orais realizados ao longo do curso. A non entrega dun exercicio ou non facer unha presentación suporá unha nota de 0.

Farase unha proba a mediados de curso e outra a finais de curso de reading, writing, listening e speaking. A media das dúas probas dará a nota final.

A obra de lectura obrigatoria será avaliada mediante probas orais e escritas nas dúas edicións de actas (decembro e xullo), independentemente do sistema de avaliación (continua ou única) polo que se opte.

Aquelas/es alumnas/os que na primeira edición de actas obteñan unha cualificación de suspenso nalgunha(s) das destrezas deberán repetir a(s) parte(s) correspondentes a tal(es) destrezas no exame de decembro (alumnos/as de avaliación continua) e/ou xullo para poder aprobar a totalidade da materia. Unicamente se gardarán as partes aprobadas ata xullo, polo tanto, as partes superadas carecerán de validez para datas e cursos posteriores.

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou actividade suporá un suspenso automático na materia. Alegar
descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.


1ª Edición de actas (decembro): existen dous sistemas de avaliación:

a) Avaliación continua: para poder acollerse a este sistema é imprescindible que o alumnado entregue unha ficha cos seus datos de contacto e fotografía durante as tres primeiras semanas do cuadrimestre. De igual maneira, será imprescible a súa participación nas diferentes probas que se vaian realizando ao longo do cuadrimestre, así como a entrega das actividades que corresponda nas datas sinaladas. As probas nas que non se participe ou as actividades non entregadas no prazo estipulado computarán como 0.

Enténdese que o alumnado que se acolla a este sistema de avaliación continua asistirá regularmente a clase.

A cualificación final daquelas/es alumnas/os
que se acollan ao sistema de avaliación continua computarase tendo en conta as probas e actividades sinaladas e recollidas ao longo do cuadrimestre e as probas finais,.

Dado que estas datas serán indicadas na clase e/ou a través da plataforma TEMA, é preciso que o alumnado asista a clase e/ou entre con regularidades na plataforma de teledocencia.

b) Avaliación única: a cualificación final do alumnado que se acolla a este sistema de avaliación computarase en base ás cualificacións obtidas nas probas finais, probas de produción oral (speaking / oral presentations), probas de comprensión oral (listening, reading + setbook) e writing.

2ª Edición de actas (xullo): 

O exame que o centro fixe oficialmente para o
mes de xullo constará das partes necesarias para avaliar todas as destrezas (reading, listening, writing e speaking). O peso de cada unha das destrezas na cualificación final será o mesmo que na 1ª edición de actas.

Durante a realización dos exames non se permite a utilización de dicionarios, ordenador, conexión a internet ou outros medios electrónicos.

Non se permite o uso de teléfonos móbiles na aula. O plaxio total ou parcial das presentacións, redaccións ou calquera outra parte da avaliación será motivo de suspenso.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000