Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma 2, III: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Expresión orais e/ou presentacións orais sobre os contidos da materia, quer de forma individual quer colectiva, para reforzar as destrezas comunicativas de expresión. 30
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Proba da destreza de comprensión oral (listening). 30
Probas de resposta curta 1. Probas puntuais sobre a materia asignada, conceptos teóricos e a súa aplicación.

2. Resolución de exercicios prácticos de resposta curta (fill in the gaps, transformations, cloze, multiple choice, etc.) relacionados coas destrezas lingüísticas (Use of English).
20
Outras O alumnado deberá ler unha obra (título indicado nesta guía docente) que será avaliada mediante proba escrita e oral.

Probas prácticas de compresión escrita (reading), e dos artígos indicados nesta guía docente.

Probas prácticas de execución das tarefas relacionadas coa destreza de expresión escrita (writing).
20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Consideracións xerais

A cualificación final da materia calcularase tendo en conta todas as destrezas traballadas ao longo do cuadrimestre. O peso de cada unha destas será a seguinte:

A cualificación final da materia calcularase tendo en conta todas as destrezas traballadas ao longo do cuadrimestre. O peso de cada unha destas destrezas na cualificación final será o seguinte: Listening=30%; Speaking=30%; Reading (artigos)and reading setbook=20%; Writing= 20% que terán un peso específico do 80% da nota obtida. Por otra banda, a resolución de exercicios prácticos relacionados cos contidos gramaticais e léxicos e as destrezas comunicativas e aplicación dos contidos lingüísticos (Use of English)computaránse un 20% da nota obtida.

De este xeito, a suma das dúas partes (práctica e teoría) sumarán 100%. A obra de lectura obrigatoria (setbook) será avaliada, mediante probas orais e escritas nas dúas edicións de actas (decembro e xullo), independentementedo sistema de avaliación continua ou única) polo que se opte.

Aquelas/es alumnas/os que na primeira edición de actas convocatoria obteñan una cualificación de suspenso nalgunha(s) das destrezas deberán repetir a(s) parte(s) correspondentes a tal(es) destrezas no exame de decembro (alumnos/as de evaluación contínua) y/o xullo para poder aprobar a totalidade da materia. Unicamente se gardarán as partes aprobadas ata xullo de 2015, polo tanto, as partes superadas carecerán de validez para datas e cursos posteriores ao 2014-2015.

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou actividade suporá un suspenso automático na materia. Alegar
descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

1ª Edición de actas (Decembro 2014)

Existen dous sistemas de avaliación (continua e única) para superar a materia nesta convocatoria e participar non implica a imposibilidade de participar no outro.

a) Avaliación continua

Para poder acollerse a este sistema é imprescindible que o alumnado entregue unha ficha cos seus datos de contacto e fotografía durante as tres primeiras semanas do cuadrimestre. De igual maneira, será imprescible a súa participación nas diferentes probas que se vaian realizando ao longo do cuadrimestre, así como a entrega das actividades que corresponda nas datas sinaladas. As probas nas que non se participe ou as actividades non entregadas no prazo estipulado computarán como 0.

Enténdese que o alumnado que se acolla a este sistema de avaliación continua asistirá regularmente a clase ao 80% das sesión presenciais.

A cualificación final daquelas/es alumnas/os
que se acollan ao sistema de avaliación continua computarase tendo en conta as probas e actividades sinaladas e recollidas ao longo do cuadrimestre e as probas finais, que terán lugar nas seguintes datas:

1/12/2014: Probas de produción oral (speaking / oral presentations).

2/12/2014: probas de comprensión oral (listening) e probas de exercicios prácticos relacionados cos contidos gramaticais e léxicos, e as destrezas comunicativas e aplicación dos contidos lingüísticos (Use of English).

As datas de realización e/ou entrega das probas de produción escrita (writing) e de comprensión escrita (reading) do libro de lectura obrigatoria (setbook) e dos artigos serán nas seguintes datas:

4/11/2014: probas da destreza de expresión escrita (writing).

18/11/2014: probas de comprensión escrita (reading) do libro de lectura obrigatoria (setbook) e dos artigos de lectura obrigatoria.

Dado que estas datas serán indicadas na clase e/ou a través da plataforma TEMA, é preciso que o alumnado asista a clase e/ou entre con regularidades na plataforma de teledocencia.

b) Avaliación única

A cualificación final do alumnado que se acolla a este sistema de avaliación única computarase en base ás cualificacións obtidas nas probas finais, que terán lugar nas seguintes datas:

1/12/2014: Probas de produción oral (speaking / oral presentations).

2/12/2014: probas de comprensión oral (listening) e probas de exercicios prácticos relacionados cos contidos gramaticais e léxicos, e as destrezas comunicativas e aplicación dos contidos lingüísticos (Use of English). Así como as probas das destrezas de expresión escrita (writing), de comprensión escrita (reading) do libro de lectura obrigatoria (setbook) e dos artigos de lectura obrigatoria.


2ª Convocatoria (Xullo 2015)

O exame que o centro fixe oficialmente para o
mes de xullo constará das partes necesarias para avaliar todas as destrezas (reading, listening, writing e speaking) e de exercicios prácticos relacionados cos contidos gramaticais e léxicos e as destrezas comunicativas e aplicación dos contidos lingüísticos (Use of English). O peso de cada unha das destrezas na cualificación final será o mesmo que na 1ª edición de actas.

Durante a realización dos exames non se permite a utilización de dicionarios, ordenador, conexión a internet ou outros medios electrónicos.








Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000