Guia docente 2013_14
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma 2, III: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Presentacións orais e escritas guiadas sobre os contidos da materia, quer de forma individual quer colectiva, para reforzar as destrezas comunicativas de expresión. 20
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas prácticas de execución das tarefas relacionadas coa destreza de expresión escrita (writing).

Proba da destreza de comprensión oral (listening).
20
Probas de resposta curta 1. Probas puntuais sobre a materia asignada, conceptos teóricos e a súa
aplicación.
2. Resolución de exercicios prácticos de resposta curta (fill in the gaps,
transformations, cloze, multiple choice, etc.) relacionados coas destrezas
lingüísticas (use of English).
40
Outras O alumnado deberá ler unha obra curta (título indicado nesta guía docente) que será avaliada mediante proba escrita e oral.

Probas prácticas de compresión escrita (reading).
20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Consideracións
xerais

A cualificación final da materia calcularase tendo en conta todas as destrezas traballadas ao longo do cuadrimestre. O peso de cada unha destas será a seguinte: A cualificación final da materia calcularase tendo en
conta todas as destrezas traballadas ao longo do cuadrimestre. O peso de cada
unha destas destrezas na cualificación final será o seguinte: Listening=20%; Speaking=20%; Reading and reading setbook=40%; Writing: 20% que terán un peso
específico do 60% da nota obtida. Por otra banda, a resolución de
exercicios prácticos relacionados cos contidos gramaticais e léxicos e as
destrezas comunicativas e aplicación dos contidos lingüísticos (Use of English)
computaránse un 40% da nota obtida. De este xeito, a suma das dúas partes
(práctica e teoría) sumarán 100%.

A obra de lectura obrigatoria (setbook) será avaliada,
mediante probas orais e escritas nas dúas edicións de actas (decembro e xullo),
independentemente do sistema de avaliación (continua ou única) polo que se
opte.

Aquelas/es alumnas/os que na primeira edición de actas convocatoria obteñan una cualificación de suspenso nalgunha(s) das destrezas
deberán repetir a(s) parte(s) correspondentes a tal(es) destrezas no exame de
decembro (alumnos/as de evaluación contínua) y/o xullo para poder aprobar a
totalidade da materia. Unicamente se gardarán as partes aprobadas ata xullo de
2014, polo tanto, as partes superadas carecerán de validez para datas e cursos
posteriores ao 2013-2014.

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de
traballo ou actividade suporá un suspenso automático na materia. Alegar
descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade
neste aspecto.

1ª Edición de actas (Decembro 2013)

Existen dous sistemas de avaliación (continua
e única) para superar a materia nesta convocatoria e participar non implica a
imposibilidade de participar no outro.

a) Avaliación
continua


Para poder acollerse a este sistema é imprescindible que o alumnado entregue unha ficha cos
seus datos de contacto e fotografía durante as tres primeiras semanas do
cuadrimestre. De igual maneira, será imprescible a súa participación nas diferentes
probas que se vaian realizando ao longo do cuadrimestre, así como a entrega das
actividades que corresponda nas datas sinaladas. As probas nas que non se
participe ou as actividades non entregadas no prazo estipulado computarán como
0. 


Enténdese que o alumnado que se acolla a este sistema de avaliación continua
asistirá regularmente a clase (80% das sesión presenciais).

A cualificación final daquelas/es alumnas/os
que se acollan ao sistema de avaliación continua computarase tendo en conta as
probas e actividades sinaladas e recollidas ao longo do cuadrimestre e as
probas finais, que terán lugar nas seguintes datas:

- 3/12/2013: probas de comprensión oral (listening)
e escrita (reading) dos artigos e do libro de lectura obrigatoria.

- 10/12/2013: probas de produción escrita (writing) e probas de produción oral
(speaking/oral presentation).

- 9/12/2013:  probas de exercicios prácticos relacionados
cos contidos gramaticais e léxicos e as destrezas comunicativas e aplicación
dos contidos lingüísticos (Use of English).

As datas de realización e/ou entrega das
probas de produción escrita (writing) e de comprensión escrita (reading) dos
artigos serán nas seguintes datas:

- 8/10/2013; - 29/10/2013; - 5/11/2013; y -
19/11/2013.

A data para a proba escrita de comprensión do
libro de lectura obrigatoria (setbook) terá lugar na seguinte data:

- 12/11/2013.

Dado que estas datas serán indicadas na clase
e/ou a través da plataforma TEMA, é preciso que o alumnado asista a clase e/ou
entre con regularidade na plataforma de teledocencia.

b) Avaliación
única


A cualificación final do alumnado que se acolla a este sistema de
avaliación única computarase en base ás cualificacións obtidas nas probas
finais, que terán lugar nas seguintes datas:

- 3/12/2013: probas de comprensión oral (listening)
e escrita (reading) dos artigos e do libro de lectura obrigatoria.

- 10/12/2013: probas de produción escrita (writing) e probas de produción oral
(speaking/oral presentation).

- 9/12/2013:  probas de exercicios prácticos relacionados
cos contidos gramaticais e léxicos e as destrezas comunicativas e aplicación
dos contidos lingüísticos (Use of English).

 

2ª Convocatoria (Xullo 2014)

O exame que o centro fixe oficialmente para o
mes de xullo constará das partes necesarias para avaliar todas as destrezas (reading,listeningwritingspeaking)  e
de exercicios
prácticos relacionados cos contidos gramaticais e léxicos e as destrezas
comunicativas e aplicación dos contidos lingüísticos (Use of English). O peso de cada unha das destrezas na cualificación final
será o mesmo que na 1ª edición de actas.

Durante a realización dos exames non se permite a utilización de dicionarios, ordenador, conexión a internet ou outros medios electrónicos.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000