Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma 2, III: Inglés
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a presentar a materia e tomar contacto co alumnado, reunindo información sobre os seus coñecementos previos.
Resolución de problemas e/ou exercicios Análise e resolución de exercicios prácticos relacionados cos contidos gramaticais e léxicos, así como coas destrezas comunicativas
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Actividades nas que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver a análise e resolución dos problemas e/ou exercicios de forma autónoma.
Titoría en grupo Revisión conxunta, por parte de alumnado e profesorado, do desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Traballos de aula Práctica das catro destrezas comunicativas: comprensión oral (listening), expresión oral (speaking), comprensión escrita (reading), e expresión escrita (writing) así como das destrezas lingüísticas (use of English).
Presentacións/exposicións Presentacións orais e escritas guiadas sobre os contidos da materia, quer de forma individual quer colectiva, para forzar as destrezas comunicativas de expresión.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000