A avaliación é contínua; para ser avaliado na materia será
necesario ter entregado os traballos na data requirida, un traballo na primeira
semana de outubro, outro na primeira de novembro e o último na primeira
de decembro. Tamén se tenrá en conta a participación activa no curso. As
probas non entregadas ou non superadas cun mínimo dun valor de 4/10 contarán coma un cero. En caso de plaxio, a nota final é de
suspenso. Haberá una proba final para os alumnos de avaliación continua na última
semana de docencia; a data será publicada en faitic. Será de contido práctico
e teórico (60%). Para superar a materia farase a media e haberá que
superar cun mínimo dun 4 cada unha das partes. Para os alumnos non acollidos a esta modalidade a nota da proba será
un 100% Os alumnos que non superen a avaliación contínua e os que non se presentaron ao exame final, farán en xullo unha proba que contará coma un 100% da nota. (30/70 parte práctica e teórica) A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame
suporá un suspenso global na materia. Alegar descoñecemento do que supón
un plaxio non eximirá ó alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das
respostas senón tamén a súa corrección lingüística. |