Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 1, III: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados
Elaboración de traballos escritos de resumos de lecturas, charlas e outros tutelados na aula e realizados de forma autónoma
10
Presentacións/exposicións presentacións orais relacionadas coa destreza de expresión oral e de comprensión escrita
10
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas prácticas de resolución de tarefas relacionadas coa destreza de comprensión oral e escrita.
20
Outras Proba final sobre todos os contidos lingüísticos e comunicativos da materia. Inclue exercicios de resposta curta sobre a aplicación dos contidos gramaticais e léxicos, e tarefas de de expresión oral e comprensión escrita
60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación é contínua; para ser avaliado na materia será necesario asistir ó 80% das clases e entregar os traballos na data requirida, un deles no periodo sen docencia entre o 20 e o 31 de outubro. As probas non entregadas ou non superadas contarán coma un cero. En caso de plaxio, a nota final é de suspenso.

Haberá una proba final na última semana de docencia o 9 de decembro na hora de clase e será publicada en Faitic; o valor da proba será: 60% para os alumnos coa avaliación continua; os alumnos non acollidos a esta modalidade poderán facela: a nota da proba será un 100%.

Os alumnos que non superen a avaliación contínua ou non se presentaron na continua farán en xullo unha proba final que contará coma un 100% da nota (30/70 parte práctica e teórica).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000